Ben Díaz / Videafilm

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« marzo 2010
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
2
3
4
5
6
7
8
11
12
13
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
    
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

A montaxe do FESTIVALT 2010

luns 15 marzo 2010

 [ Máis ]

 

10 Abril: Display Of Power na Mardigras!!!

domingo 14 marzo 2010

Volvemos á carretera! Novamente gracias ó traballo na sombra de UP (United Promotions), Display Of Power derretirán a base de música 100% Pantera as orellas de todo o que se achegue á sala Mardigras de A Coruña o día 10 de Abril ás 22h.

A entrada custa 5 euros, e o espectáculo vale cada puñetero céntimo, así que esperámoste alí para que nos convenzas de que Pantera non morrerán nunca mentres alguén berre os seus temas.

¿Nótase moito que xa me tardaba arrasar pupilas coas luces de Display Of Power en 2010? Poucas cousas tan divertidas no oficio, por pequena que sexa a montaxe.


[ Máis ]

 

Luar Na Lubre con Ben Díaz e Videafilm no seu novo espectáculo

mércores 10 marzo 2010

Ben Díaz e Mon Moares, nun traballo de Videafilm para o grupo galego con repercusión internacional Luar Na Lubre, elaborarán o deseño e creación de visuales específicos que poderán verse na nova xira da formación.

Para nós supón todo un reto e un orgullo poder traballar conceptos visuais para un grupo que tantas cousas conseguiu musicalmente, e que pasea os seus directos por todo o mundo. E por suposto, supón un novo paso adiante tras o noso traballo para Celtas Cortos na súa xira 40 Abril do ano pasado.

[ Máis ]

 

Traballando con bOnOvO

martes 09 marzo 2010

Xa podo comunicar que actualmente estou a deseñar o espectáculo de iluminación da banda galega bOnOvO.

Non vexo mellor circunstancia para promocionar o primeiro concerto no que estarei con eles, e que terá lugar no Centro Cultural Caixanova de Pontevedra o día 27 de Marzo. Vémonos alí...

PÁXINA OFICIAL DE bOnOvO: http://www.bonovo.org/

PÁXINA OFICIAL DE ABADA XESTIÓN CULTURAL: http://www.abada.es


[ Máis ]

 

Licencia Creative Commons

martes 09 marzo 2010

O presente blog xa dispón de licencia Creative Commons (CC)

[ Máis ]

 

Confirmado o ALT'10

luns 01 marzo 2010

Renovando a miña presencia no Festival, posto que xa formei parte do STAFF en anteriores edicións, estarei como Luminotécnico durante sete das dez xornadas de duración que terá este ano o Festival ALTernativo de VIgo 2010, que se celebrará como xa é habitual entre o MARCO, a Casa das Artes e o Concello, entre outros recintos artísticos da cidade.

[ Máis ]

 

Prorrógase o prazo do Curso de Iluminación 2010

domingo 28 febreiro 2010

O prazo para matricularse nos cursos de Iniciación á Luminotecnia, impartido por Ben Díaz, e de Iniciación ó Son, impartido por Roi Gil, que terán lugar na Escola de Producción O Raio Verde de Santiago de Compostela, queda prorrogado temporalmente para poder atender así a incipiente chegada de interesados e solicitantes.

Teléfono de contacto 981 577 797
Correo electrónico: informacion@oraioverde.com
[ Máis ]

 

Nace "A TÚA" con Videafilm de testemuña

domingo 28 febreiro 2010

Onte, en Santiago de Compostela, presentouse a axencia de deseño visual e colectivo artístico "A TÚA CREACIÓN" na galería A Factoría entre as 20 e as 23h.

Teño que dicir que, tanto para Videafilm como para min a título persoal, foi unha auténtica honra prestarlle os nosos servizos de gravación a esta nova empresa galega chea de frescura e potencial creativo, que estamos seguros revolucionarán en pouco tempo o sector da imaxe na cultura do país.
[ Máis ]

 

Nova imaxe corporativa

venres 26 febreiro 2010

Coincidindo coa nova campaña de comunicación, presento a nova imaxe corporativa para 2010. Toda empresa ou particular interesado en recibir un cartafol promocional completo con DVD incluído, no que se adxuntan imaxes, vídeos e información sobre o meu traballo no eido profesional de espectáculos e rodaxes audiovisuais ó longo de todos estes anos, poden solicitalo vía correo-electrónico a bendiaz@galicia.com.

Por outra parte, a contratación dos meus servizos como Deseñador de Iluminación / Operador ou coma Stage Manager para 2010, especialmente orientada a axencias de management, promotores, xiras artísticas, grandes eventos e acondicionamento de espazos creativos, xa está aberta.
[ Máis ]

 

O fin dunha etapa, o comezo de outra

xoves 18 febreiro 2010

Tras tres anos de traballo e colaboración, quero comunicar que deixo oficialmente Celtas Cortos. 

Malia tódolos problemas inherentes a unha xira, e máis nunha xira na que un é xefe de equipo, non podo atopar malas lembranzas na cabeza; só permaneceron as boas.

A todos os que traballaron comigo durante este tempo, só quero dicirlles algo: GRACIAS. Moitas gracias por todo, gracias por terme tratado así de ben, por permitirme facer sempre o que quixen facer, por non cuestionarme, por non poñerme problemas, por deixarme ser eu mesmo. Deséxovos toda a sorte do mundo no futuro. Gústame ter rematado así, sen problemas, pola miña propia vontade, e deixando tras de min bos amigos e as mellores sensacións posibles.

Así que deixo unha etapa, e comezo outra, e o mellor que podo dicir ó respecto é que estou contento e cheo de ilusión.
[ Máis ]

 

As primeiras 500 visitas!

mércores 17 febreiro 2010

GRACIAS DE CORAZÓN ÓS QUE O FACEDES POSIBLE.[ Máis ]

 

District 9, unha película para a lembranza

martes 16 febreiro 2010

Hai xa case un mes que publiquei unha lista das mellores películas de 2009. Aquel post non fixo senón constatar que non vin demasiadas películas este ano. Esta madrugada decidínme a ver esa peli que se publicitou por todas partes citando a Peter Jackson, tanto, de feito, que pensei que se trataba do propio director, cando en realidade só produce. E agora que xa a rematei, doume conta de que nesa lista falta esta película... Sen lugar a dúbidas.
[ Máis ]

 

Dúas curtas na memoria...

domingo 07 febreiro 2010

Dúas curtas que xa pensaba que non se poderían ver na rede... "O Cerco" e "La Línea" seguen cautivándome polo talento dos seus creadores, e poden verse dende flocos.tv[ Máis ]

 

Ben Díaz en flocos.tv

domingo 07 febreiro 2010

 Sei que é un pouco tarde, pero aínda así quería comunicar que xa estou en flocos.tv.

Aquí podedes atopar o meu perfil.[ Máis ]

 

Curso de iluminación 2010

xoves 04 febreiro 2010

A partir do 1 de Marzo de 2010 terá lugar na Escola de Producción Audiovisual "O Raio Verde" de Santiago de Compostela o meu primeiro curso de "INICIACIÓN Á LUMINOTECNIA" como profesor. A matrícula xa está aberta.[ Máis ]

 

"Six Feet Under"; esa Obra Mestra da TV

domingo 31 xaneiro 2010

"Six Feet Under" rematou hai tempo, concretamente en 2005, pero esa marabillosa tendencia a editar as series en DVD permite que alguén coma min, cinco anos despois, poida seguir desfrutando coa súa maxia.[ Máis ]

 

Apoia o apagón do 15 de Febreiro

domingo 31 xaneiro 2010

 [ Máis ]

 

Cea da promoción 2000-2002 de Producción (EIS)

sabado 30 xaneiro 2010

 E xa que estamos de lembranzas e reencontros, non sei se gracias a Facebook, a Dios ou a Alberto Lobelle, que neste caso foi o promotor da idea, celebraráse unha cea de antigos alumnos do modulo de Producción Audiovisual, Radio e Espectáculos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña durante os anos 2000 - 2002, e terá lugar na Coruña, oito anos despois.[ Máis ]

 

A E.I.S. en Facebook

sabado 30 xaneiro 2010

Unha compañeira de docencia faloume dun novo grupo de Facebook sobre a Escola, e hai uns minutos boteille unha tímida ollada, pensando na miña ignorancia que por non pertencer a Facebook sería imposible visualiza-los contidos...[ Máis ]

 

15 documentais activistas

venres 29 xaneiro 2010

Non me cansarei de dicir que estamos nun momento de importancia histórica no referente á democratización do medio e o libre acceso tanto a información como a contra-información. Neste mundo cheo de desidia, no que todos estamos contaxiados polo virus inoculado polo protagonista de "O Estranxeiro", esa gran obra de Camus, faise necesario que a xente da que nos fiamos nos oriente dalgún xeito por entre os vastos océanos de ceros e uns. Internet é unha fonte de numerosos males pero tamén a solución para moitos outros, e sen dúbida, unha brutal arma de comunicación capaz de permiti-la difusión de obras sociais destinadas a provocar cambios radicais na mentalidade das persoas, transformándoas nun poder que para si quixeran os grandes líderes políticos de outras épocas.[ Máis ]