Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« outubro 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
    
1
2
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

2000 visitas, 10 recomendacións

venres 08 outubro 2010

Nin que dicir ten que as 2000 visitas que o blog acaba de conseguir merecen un brindis. Gracias, novamente, a todos os que o facedes posible.

A modo de tributo, aquí van 10 recomendacións para quen teña algo de tempo libre:


Documentais


YOUNG AT HEART (Stephen Walker, 2007)

Un documental espectacular: un grupo de anciáns na derradeira etapa das súas vidas, asisten diariamente a un dos coros con máis éxito do mundo; nas súas xiras internacionais interpretan temas de Jimi Hendrix, Coldplay, Sonic Youth...



THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON (Jeff Feuerzeig, 2005)

Ista débolla a un alumno. Non coñecía ó bo de Daniel, un tipo cunha mente complicada que sen ter nin idea de música revolucionou toda a industria e foi capaz de enganchar, sen ter máis discos no mercado que cassettes ilustrados por el mesmo na súa casa, a tipos como Nirvana ou Pearl Jam. Por desgracia, Daniel non tivo demasiada sorte co Demo...



O HOME CON SETE SEGUNDOS DE MEMORIA (Jane Treays, 2005)

Sei que ten un título sensacionalista, pero hai que ver ista historia real para poder crela. Un afamado director musical, perdeu por causa dun virus a memoria inmediata. Leva 20 anos pensando que a xente coa que está a falar son os primeiros homes cos que ten contacto dende a súa enfermidade. Non recoñece ós seus fillos, nin á súa irmá, pero sigue tocando excelentemente...

Pulsar aquí para verlo.

A ILLA DAS FLORES (Jorge Furtado, 1989)

Esta pequena xoia de curta duración non se traspapelou de todo co paso do tempo e segue tan vixente hoxe en día como hai vinte anos. Explicado como se lle explican as cousas a un neno, unha fábula "traxicómica" sobre a orde actual das cousas na economía contemporánea.



CRUMB (Terry Zwigoff, 1994)

Robert Crumb é un dos debuxantes máis famosos de todos os tempos. En Estados Unidos chegou a ser unha celebridade. Sen embargo, leva toda a súa vida rechazando grandes contratos ou adaptacións cinematográficas. Tras del, un entorno familiar desesperanzador, con dous irmáns constantemente bordeando os límites da tolemia. Crumb continúa co seu sorriso perenne... Considerada unha das mellores películas documentais da historia.



RÍOS E MAREAS (Thomas Riedeisheimer, 2001)

Andy Goldsworthy é un artista efímero. Coa premisa de utilizar unicamente elementos da natureza, crea obras impresionantes que só duran uns intres, antes de que o mar ou o vento as leven con eles. Detrás do seu traballo, toda unha filosofía de vida e interacción coa natureza, capaz de emocionar a calquera. E o máis abraiante é que Andy ten muller e catro fillos, vive dos seus proxectos e nunca renunciou a facer exclusivamente o que quere facer.




Animación


JAN SVANKMAJER

Este director checo estableceu as orixes do stop motion moderno, a través de curtas con alto sentido metafórico. Sen preocuparse de cál sería a temática ou a relazación politicamente correcta, asina traballos impresionantes onde obxectos inanimados cobran vida e adoptan movementos imprevisibles e fascinantes. Un auténtico xenio da creación.



MONSTER

Monster é unha serie anime xaponesa que ostenta a fama de ser considerado o mellor anime adaptado de un manga. Ambientado en Alemania, conta a historia dun cirurxán modélico que se ve na obriga de dar un xiro radical á súa carreira. É unha creación do estudio MadHouse, os mesmos que levaron Death Note ó anime. De feito, o éxito dos 74 capítulos de Monster foi o que lles permitiu adaptar ó ano seguinte a famosa historia do caderno de morte.




Música


THE SOLUTION - Will not be televised (2008)

Este é un dos numerosos grupos de Nick Royale, e iso xa vale como aval. Fixo discos escandalosamente bos como algúns de The Hellacopters (stoner rock) ou Entombed (death - hard rock), pero ninguén se esperaba que en The Solution repartira unha das mellores racións de soul clásico que se poidan imaxinar. Este disco é sinxelamente unha obra mestra, altamente recomendable.



BLACK LIGHT BURNS - Cruel Melody (2007)

Se xuntamos para facer un disco liderado por Wes Borland (Limp Bizkit, Marilyn Manson) a Danny Lohner (un dos principais creadores de Nine Inch Nails para Trent Reznor) e a Josh Freese (integrante orixinal dos impresionantes A Perfect Circle que lidera Maynard James Keenan), coa colaboración puntual de Charlie Clouser (NIN), ¿que sale? Un disco unico, mestura do mellor industrial, hard rock e metal de nova factura aliñado por melodía e contundencia. 


 




Comentarios

Grandes recomendaciones!! Sobre todo los docus de Crumb y Daniel Johnston son de lo mejor del mundo mundial! Y Svankmajer otra de mis grandes debilidades...

El del hombre sin memoria está curioso. Si te molan ese tipo de temas échale un ojo al libro de "El hombre que confundió a su mujer con un sombrero" Una colección de casos de transtornos perceptivos reales que supera cualquier tipo de ficción!

enviado por Javi o 10 outubro 2010 ás 02:07 PM CEST
Sitio web:: http://www.javicamino.com #

Me lo apunto. Otro libro interesante, también relacionado, es "Kafka" de Robert Crumb (me lo pillé hace unos días en la Fnac); un repaso a la vida del atormentado Franz a través de los dibujos y el humor de Crumb, y además en edición excelente.

enviado por Ben Díaz o 12 outubro 2010 ás 02:03 PM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado