Ben Díaz / Videafilm

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« xaneiro 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
22
23
24
25
26
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

A E.I.S. en Facebook

sabado 30 xaneiro 2010

Debo confesalo: son un inimigo acérrimo das redes sociais. Provócanme fobia, polo menos no tocante a rexistrarse e convertirse por tanto en usuario (xa sabedes, non me enviedes invitacións para agregarme). E sei que, probablemente, tal actitude non me deixa demasiado ben parado; así e todo sigo preferindo outros medios de comunicación, interrelación e contacto como as páxinas persoais, blogs ou foros, e só de cando en vez, accedo a deixarme caer por algún myspace interesante, que os hai e moitos.

O que pasa é que hai uns días unha compañeira de docencia na actualidade, Sabela Pernas, amiga e ex-compañeira tamén durante a miña estadía como estudiante na Escola de Imaxe e Son de A Coruña (E.I.S.), faloume dun novo grupo de Facebook sobre a Escola, e hai uns minutos boteille unha tímida ollada, pensando na miña ignorancia que por non pertencer a Facebook sería imposible visualiza-los contidos.

Por sorte, nada máis lonxe da realidade; os comentarios de ex-alumnos e, especialmente, moitas imaxes con xente de distintas promocións no centro, profesores incluídos, son totalmente de libre acceso, así que me tirei un rato lembrando, namentres pasaba foto tras foto, recuperando os rasgos físicos de persoas coas que, durante os cinco anos que estiven alí, compartín tantas cousas. E incluso din cun tipo rubio, de longa melena, ó que misteriosamente me parezo bastante...

Merece a pena esforzarse en rememora-los intres pasados e loitar por mante-lo contacto. Non me cabe a menor dúbida. Mais, coma en todo, as ideas requiren para materializarse, aparte da teoría, unha boa dose de práctica, e diso ando últimamente un pouco escaso. E xa sei que, cando eramos alumnos, non nos chegaba a boca pra botar pestes sobre o que nos rodeaba, pero aínda así, estou contento de ter estudiado alí, estou contento de ter coñecido á xente que coñecín, e estou contento de formar parte, a un nivel minúsculo, da historia que alí se escribiu. 

Dende aquí o meu agradecemento á xente que compartiu as fotos no grupo. Espero que nos vexamos pronto, cervexa en man, para celebra-lo presente e rir co pasado, aínda que ás veces resultara ingrato. 

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado