Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« xuño 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
29
30
    
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

A necesidade da "cultura do espectáculo"

luns 28 xuño 2010

Onte, cando regresaba dunha pequena montaxe para un espectáculo musical, comentaba cun compañeiro do gremio as particularidades desta nosa concepción do que é un espectáculo.

Digo nosa, no sentido da "percepción galega", se ben cada vez máis esta tamén é a postura oficial en todo o país. A conversa en concreto xiraba en torno ó que ámbolos dous, que somos técnicos, atopamos por aí fóra en relación ó que impera no noso día a día aquí en Galicia.

Tanto o meu compañeiro coma min sufrimos e gozamos ó traballar durante varios anos nunha industria do espectáculo máis global, tanto a nivel estatal como europeo. Participamos como operadores e xefes de equipo en xiras importantes, recorrendo tódalas comunidades autónomas, visitando algúns dos festivais internacionais máis importantes de Europa e do mundo, percorrendo todo tipo de salas de concerto, sobre todo tipo de instalacións e infraestructuras, e colaborando con todo tipo de empresas de servicios, axencias de contratación, oficinas de producción, managers, representantes, músicos, discográficas... Mamamos todo iso dende o principio, porque non tardamos en saír fóra de Galicia a traballar, a probarnos a nós mesmos. Amigo. Pero todo iso, aquí, non serve de nada.

Sei que isto é algo que a non todo o mundo lle saíu ben, o de saír a bolear por aí fóra, pero a nós si. Dende logo saír do país non asegura o éxito, e non todo o mundo ten a sorte de acceder a cousas importantes, pero ese foi o noso caso, aínda sen coñecernos previamente, e foi moi interesante comprobar como, ademáis de aprender cousas do oficio (e comernos moitos pequenos infernos), fundamentalmente fumos capaces de establecer un método de traballo propio para nós e para o noso equipo, construír bases sólidas sobre as que xestionar espectáculos con criterios de calidade altos e sobre todo, elevar o nivel creativo e artístico do medio no que estabamos inmersos.

Pero no fondo, sabiamos que aínda así non era suficiente. Que había que ser mellores, máis profesionais e precisos, crear linguaxes visuais e sonoros todavía máis arriscados e atractivos, avanzar nas condicións dos técnicos, mellorar a organización das xiras. En certa medida, esa mentalidade naceu de ver cómo empresas e técnicos europeos traían consigo o seu xeito de traballar, ou ben visitando instalacións que en España non eran posibles, ou ben entrando en contacto con un tipo de profesional e un tipo de organización interna que en España non existe.

En certo momento a cousa parou, e como bos galegos que somos, posto que sempre vivimos en Galicia malia traballar frecuentamente fóra, decidimos centrarnos na nosa propia industria, esa que utiliza un idioma propio e unha cultura propia; importar cousas boas, mentalidade profesional, pensamento creativo... Si... Pero non.

É unha lástima que o mundo do espectáculo esté tan depreciado. É unha lástima que un oficio tan fermoso e con tantas posibilidades para a expresión, cimentado en ferramentas tan potentes como a iluminación, o son, o vídeo, o deseño ou a escenografía, estén tan desaproveitados. Se xa en España hai unha clara tendencia cara á "cultura pobre", isto é, esa que se empeña en gasta-lo mínimo posible co ánimo de gaña-lo máximo posible, en Galicia tales consideracións son o pan de cada día.

Culturas como a estadounidense, a inglesa, a holandesa, a belga ou a francesa, por non citar moitas outras, dan por suposto conceptos que aquí son utopías. Por exemplo, que cada banda conte, como mínimo, con catro técnicos: Técnico de PA (Control), Técnico de monitores (Escenario), Técnico de Iluminación (Control) e Backliner (Instrumentos). É rarísimo que o seu "crew" non añada tamén a un Road Manager e/ou Stage Manager, encargados do grupo e da montaxe respectivamente, así como máis xente de back-line e incluso Técnicos de Vídeo. ¿Moita xente, non? E todo isto, claro, aparte da xente de montaxe que as empresas de son e iluminación poñen en cada espectáculo.

O primeiro que pensamos aquí ante semellante "montante" de persoas ó redor do grupo, é: ¿Por qué pagar a toda esta xente, se a empresa de servicios que monta o material xa pon a todos estes técnicos, e no tocante a back-line, os propios músicos poden apañarse? E o segundo: ¿Cómo vou subir tanto o caché da banda para poder contemplar os seus salarios? Efectivamente, son preguntas que dende a nosa percepción da cultura teñen lóxica. Non se nos ocurre pensar, por exemplo, que un espectáculo non é o mesmo que escoitar un CD. Que a xente paga por ver un espectáculo traballado, afín, con diferentes vías de expresión, impactante. Que os músicos non son o único reclamo dun concerto, nin teñen absoluta (de feito, absolutamente relativa) responsabilidade sobre un concerto exitoso ou desastroso. Que en cada evento existen moitas variables que condicionan as actuacións dos artistas e as reaccións do público. Que non se trata de crear gastos, senon de xerar expectativas, impresión, marca. E precisamente xerar iso, por medio da parte técnica do evento, non se traduce en gastos na maioría de países, se non en maior número de datas, maior capacidade para a negociación, maior trascendencia de cada espectáculo, maior pegada no público, maior duración na carreira dun artista, inxentes posibilidades de cobrar máis e mellor tanto indo pola entrada como percibindo un tanto alzado. De tódolos xeitos, é ben sinxelo poñerse ó nivel dese tipo de preguntas, todas esas que comezan por "¿E por que teño que pagar por...?". Basta con responder mediante tonterías semellantes, do tipo "¿E por que necesito unha tixola ou unha pota para comer unha rubaliza? ¿Por que pagar por unha que sexa anti-adherente? ¿Para que serve contratar a un arquitecto se el non fai a casa? ¿Por que ir ó mecánico se existe a itv?" e así ata aburrirse. No fondo, pensamos que este oficio o inventamos nós, que naceu aquí, e que o único xeito de que funcione é facelo ó noso xeito. Curioso.

O mesmo ocorre cando un promotor se plantea montar un espectáculo, e contrata a unha empresa para que monte o seu equipo. Aquí existe un xeito estándar nada-estándar de facer isto. Escollo o sitio peor preparado porque me cobran menos, e intento facer sempre montaxes convencionais, soio que sen cartos, é dicir, montaxes cutres con aspecto penoso mais con aspiracións de chegar a imitar a un ben feito onde se invertiu pasta. Parece que nalgunha guía do espectáculo está escrito que os bolos teñen que levar un truss atrás e outro adiante, que hai que levar barras de PAR, e algún móvil por aí, dá igual de que tipo con tal de que se mova. Calquer cousa que se saia deste concepto, aínda que custe os mesmos cartos, é inmediatamente desestimado porque... "hai que facelo doutro xeito, sempre se fixo así, qué tipo de festa vai ser isa, non temos material para semellante cousa, é complicado de montar, pero ti que dis, a comisión de festas non quere, aquí non estamos en América" e cousas polo estilo.

E namentres o público, o novo público, ese que lle dará de comer á industria cando as verbenas deixen de dar pasta e todos entremos un pouquiño en razón, sigue estando disposto a pagar por ver espectáculos, sempre e cando lles fagan sentir cousas distintas a "simplemente música". Que a estas alturas sigamos aterrorizados porque o modelo de hai trinta anos xa non funciona, é alucinante. Que a industria galega do espectáculo viva case exclusivamente de explotar a chavalitos novos ata que ós trinta e tantos xa non poden máis, é directamente un escándalo. Todo indica que, se es galego, o único xeito de chegar a vello traballando neste oficio é convertirse en empresario, ou pasarse a unha orquesta e rezar para non facer catro pases diarios. Ninguén aguanta un ritmo como este, se aínda por riba nin sequera existe o aliciente de estar facendo algo ben feito, novedoso, impactante, que marque tendencia e, sobre todo, que provoque sensacións realmente interesantes no público. De feito, para traballar nos espectáculos nin sequera hai que ter ningún tipo de formación, nin entende-las montaxes, nin estudia-los sistemas, e por suposto nada de deseños, planes de traballo, especialización, creación específica...

Nós non estamos preparados pero cremos que si, ese é o problema. Nós non sabemos pero non queremos saber, ese é o problema. Nós pensamos que xa arriscamos suficiente así que non facemos cousas distintas, ese é o problema. Nós non entendemos máis que de contar cartos, sen comprender que esas contas son demasiado insignificantes en relación ó que deberían ser, ese é o problema. Nós somos tan listos que sempre temos claro qué hai que facer, ese é o problema. Nós falamos verdades, por iso non necesitamos escoitar, ese é o problema. Nós non queremos deixar de gañar nunca, por iso sacámosllo das costas a quen teñamos cerca, ese é o problema. Resumindo, a nós a cultura impórtanos unha merda, pero habemos sacar pasta dela como hai Dios.

Seguir propoñendo unha mentalidade distinta neste tema é unha batalla perdida, que foi mil veces perdida antes de que eu aparecera por aquí, iso xa o sei. A diferencia é que, pase o que pase, prefiro desaparecer defendendo esta idea, como tantos outros morreron antes, só por permitirme o luxo de respetar todo iso que aprendín de profesionais increíbles, artistas intelixentes e montaxes que cambiaron o rumbo da xente.

De tódolos xeitos, esa vida do "típico técnico" nin é rendable nin me interesa.
 

 




Comentarios

Tiene usted toda la razón del mundo...

Sin embargo tampoco creo que la solución sea echar la culpa a los promotores por no querer invertir más en luces. Aunque si invirtieran más habría más posibilidades y todo sería más fácil...

Quizás soy muy optimista pero creo que se pueden buscar soluciones creativas y diferentes sin tener que invertir mayores cantidades de pasta.

Un ejemplo es Sunn 0))) que ya comenté en blog. Un show muy diferente en todos los aspectos a cualquier cosa, con una atmosfera diferente y basado en unos recursos minimos: mucho humo, poca luz, espejos y punteros laser... pero que funcionaba genial

Otro grupo que se crea shows acojonantes basados en la creatividad más que em grandes inversiones es The Residents, de lo más flipante que vi en mi vida en directo:

http://www.youtube.com/watch?v=DmYrT7q2fiI

http://www.youtube.com/watch?v=8jXseSuuSrE&feature=related

Y con un despliegue técnico bastante accesible

enviado por Javi o 07 xullo 2010 ás 05:42 PM CEST
Sitio web:: http://www.javicamino.com #

Creo que hablamos de cosas distintas... Aunque coincidimos en lo esencial. Primero, que no creo que la culpa la tengan únicamente los promotores; la mayor parte probablemente se la llevan los propios grupos, que son los que más deben preocuparse de lo creativo, luego sus managers y representantes, y después seguramente nosotros, los propios técnicos. En realidad los promotores sólo se preocupan de números, y hacen bien. Tampoco me refiero a invertir más sino a no utilizar siempre los medios de la misma manera, montajes estándar, y ahí nuevamente tienen mucho que decir los empresarios de servicios, así como los propios técnicos. Sin embargo, todo grupo debe contemplar llevar a técnicos consigo siempre, haya o no haya dinero. Es como plantearse no llevar al batería por si no llega la pasta. Hay otra cosa a tener en cuenta. Trabajamos sobre un mercado estándar, en el que los grupos tocan en escenarios con una serie de normas y rutinas, que las bandas no dominan, y que sólo pueden controlar sus técnicos, si llevan, claro. Porque el gran problema está ahí, nadie entiende la función de un técnico que va con el grupo, sólo se entiende como un gasto. No se trata de llevar el montaje de Rammstein, se trata de saber aprovechar y optimizar lo que cada festival aporta, moldearlo y sacarle partido. Se trata de respetar al público ofreciéndole un espectáculo especial, distinto a cualquier otro. Y esa cultura aquí no existe ni existe la más mínima intención de implantarla. Por supuesto que se pueden buscar soluciones creativas sin invertir más dinero, es algo evidente. No sólo eso, sino que hacer las cosas con esa mentalidad genera todavía más dinero. Tampoco se trata de hacer de cada concierto una performance de los músicos. Pero si a nadie de la parte técnica le importa quién está tocando en un festival (ocurre siempre porque están hasta las narices de hacer grupo tras grupo sin incentivos), el concierto será un 10%, siendo generosos, de lo que podría haber sido, el dinero invertido ha rendido por tanto un 10%. Con Display Of Power nos lleamos 4 pares LED de 30 euros cada uno y dos estrobos de 70 euros. Luego llegamos a cada sitio y aprovechamos lo que haya. Pero haces un concierto especial, tuyo, preparado y sincronizado, que la gente aprecia aunque no sepa explicarlo, y no lo haces convencional. Detrás del grupo hay alguien que se preocupa por la parte técnica y la cosa funciona. Y te juro que no hay un duro! Sólo es un grupo de versiones, y apenas se saca algo de las entradas, pero el técnico (en este caso yo) es uno más del grupo y se le trata como tal, tanto si hay beneficios como si no. Pues de eso hablaba yo!!! jejeje. Muy interesante lo de The Residents, la verdad!

enviado por Ben Díaz o 08 xullo 2010 ás 12:30 AM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado