Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« abril 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
   
1
2
3
4
5
8
9
10
11
12
13
14
16
17
18
20
22
23
24
25
26
27
29
  
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

A plataforma de control total

martes 06 abril 2010

Despois de moito tempo invertido en dúbidas e pesquisas, tras unha espera longa e unha inversión considerable, xa dispoño en propiedade do que, perdoádeme, é para min a plataforma de control visual por excelencia. Estou a falar dun sistema táctil e físico baseado en software e hardware MagicQ, capacitado para controlar en directo equipos de iluminación e vídeo ó máximo nivel, aplicable a calquer tipo de xira musical, función escénica ou gran festival, e con enormes posibilidades de ampliación e compatibilidade con outras consolas e media servers.

¿Por qué MagicQ?

Este sistema de Chamsys é o primeiro do mercado que ten como principal premisa a elaboración de software de control libre sobre sistema operativo Linux. A empresa, nacida en 2004, está xestionada íntegramente por deseñadores de iluminación. O seu software pódese descargar libremente da súa páxina web, con actualizacións frecuentes baseadas no feedback cos seus usuarios, e dispoñible sobre sistemas operativos Mac OS X, Windows ou Linux, xa sexa en versións de 32 ou 64bit. Tamén é o único software de control de iluminación que libera sen ningún tipo de restriccións 1 Universo DMX para controlar ata 512 canales DMX a través de múltiples conversores USB-DMX de distintas marcas, tales como o Enttec DMX PRO que xa utilicei durante a xira de Celtas Cortos para o disparo de visuales sobre Arkaos. E só por isto, xa merecen as mellores das palabras que se lle poidan adicar.

Precisamente este sistema foi o que empreguei para controlar as luces de Display Of Power na sala Green de A Coruña, servíndome únicamente dunha mochila Enttec, un portátil Apple MacBook e un rato. E malia ser un sistema útil para certo tipo de funcións disparadas a través de "GO" non resulta práctico para un espectáculo musical de certa complexidade na programación.

Por iso merquei un MagicQ PC Wing, que aporta ó sistema 10 faders amplamente configurables, baseados na asignación de Cue Stacks, así como 8 encoders para o control de atributos, e certas teclas de programación, que se complementan co software para PC. Precisamente con esta idea adquirín un potente e lixeiro Hewlett-Packard TouchSmart TX2 de doble procesador, con pantalla táctil rotatoria de 12", que pode funcionar en formato tableta gráfica, pantalla invertida ou Netbook, que se complementa á perfección co software de MagicQ. E por se fora pouco, unha segunda pantalla táctil Packard-Bell Viseo 200T, dunhas abraiantes 20 pulgadas en formato panorámico, aproveita a potencialidade táctil do sistema operativo Windows 7 para permitirme controlar en directo paletas extra. Se a todo isto unimos un controlador Shuttle Xpress Pro para facilitar a programación, o control dunha segunda CPU con media server (MagicQ integra sistemas como Arkaos, Catalyst, Maxedia ou Hippotizer directamente no interfaz da consola) a través de ethernet, e a mochila Enttec, atopamos un sistema de control de iluminación de 3 universos DMX físicos, ampliable a 18 universos mediante módulos Art-Net, con opcións de control remotas a través de MIDI (para ampliar o sistema a través de outras consolas como unha Pearl, unha Hog ou unha MA, por exemplo), sistema de back-up para outras consolas de Chamsys como a potentísima MagicQ 100 Pro (tódalas consolas de Chamsys utilizan o mesmo software MagicQ), portabilidade extrema, integración perfecta con emuladores a través de Ethernet (MagicQ, Capture, ESP Vision) e mapeado de sistemas LED.

Pero probablemente o máis interesante de MagicQ é a dinámica de traballo co sistema. Quédase a medio camiño entre a rapidez e sencillez dos sistemas Avolites, e as potentes consolas Wholehog, mantendo casi a práctica totalidade de funcións dispoñibles en sistemas Grand MA (iso si, sen a súa flexibilidade de ruteo e asignación). Para calquer usuario habitual de Avolites, como é o meu caso (xa non digamos para usuarios de ETC ou LT), este cambio multiplica as posibilidades sen mitiga-las virtudes (algo que en certo sentido ocorre ó traballar en Hog), e añade opcións como o Head Morphing (isto é, a adaptación da programación a distintas montaxes con distinta robótica), o clonado e reducción de aparatos (para montaxes onde se dispoñan de máis equipos dos que están programados no show), a importación e exportación do patch baseado en CSV, a posibilidade de crear os teus propios FX, modifica-los existentes ata o extremo ou convertir chases en FX, a manipulación de tempos por atributo e canal, integración perfecta con modos de teatro, opcións multipantalla virtualmente infinitas, grabación de memorias en múltiples modos, ventana propia para media servers con previsualización dos clips, secuenciación SMPTE, configuración de tamaños de ventana e modos de traballo... E todo o que me falta por descubrir. Ademáis, como o software se actualiza moi frecuentemente, publicando versións estables e beta, e podo manter coa empresa correspondencia sobre as miñas suxerencias para ampliar o sistema... As posibilidades distan bastante de ser limitadas para o futuro.

Xa, pero... ¿quén usa MagicQ? Moita, moita xente, cada vez máis deseñadores de iluminación en todo o mundo. Non se me ocorre mellor exemplo: os mellores deseñadores e operadores que coñezo, eses que traballaron na derradeira xira do probablemente máis impresionante montaxe para xira musical que teño visto, isto é, a xira NIN-JA 2010 de Nine Inch Nails, empregaron só sistemas e consolas MagicQ Pro baseados neste mesmo software, e absolutamente compatibles co meu sistema... Por algo será.

¿Por qué táctil? 


As consolas máis potentes do mercado adaptaron a tecnoloxía táctil dende hai tempo: Wholehog, Grand MA, Compulite, Martin Maxxyz... A máis rezagada de todas, Avolites, acaba de sacar á venda este ano unha Tiger Touch con pantalla táctil. O raro hoxe en día é non dispoñer de sistema táctil. Un sistema así é tan ampliable como nos permita a (ou as) tarxeta gráfica e o sistema operativo, e nel podemos mediante software empregar só os botóns e menús que nos interesen. Estas pantallas pódense sustituír fácilmente por outras, sen ter que ser da mesma marca, son moi precisas e reducen tanto espacio como hardware extra. Ninguén se leva no avión unha Avolites Pearl ou unha Grand MA, pero un Tablet PC táctil máis un PC Wing pódense levar na cabina como equipaxe de man.

¿Por qué levala de xira?

Porque é un sistema propio, e polo tanto, podes programa-la xira tema a tema, segundo a segundo, nota a nota, na túa propia casa mediante un sistema de simulación como WYSIWYG namentres tomas un té ou, no meu caso, un mate. É manexable ata o extremo así que se pode levar na furgo coa banda e vaias a onde vaias, teñan no montaxe os aparatos que teñas, cuns cantos comandos xa tes adaptada toda a programación e funcionando, sen ter que volverse tolo comezando en cada sitio de cero. Os espectáculos son cen veces máis precisos e espectaculares, gáñase tempo para poder descansar e cear, quítaslle problemas ós técnicos asistentes e sigues podendo contar coa consola que che poñan en cada sitio como "spare unit", unha unidade de control extra ou back-up.

¿Por qué levala a un teatro?

Porque MagicQ está tamén deseñada para operadores de teatro, cun sistema de grabación multicue potentísimo, que ademáis non ocupa apenas espacio e a través da pantalla táctil é amplamente configurable. MagicQ dispón de dous modos de teatro e está avalada por técnicos de todo o mundo. A ninguén acostumado ós Cuelist presentes nunha ETC, LT ou AVAB lle resultará complicado adecuarse ó sistema MagicQ, sendo éste máis completo. E se un necesita máis faders, existen múltiples módulos extra, moitos deles de baixo custe.

¿Por qué levala a un bolo "á caída"?

Porque incluso con só 10 faders, está a anos luz dun sistema como o de Avolites, o típicamente utilizado, xa que o sistema se configura ó xeito de traballar do operador e non ó revés. Evidentemente un espectáculo con pouco tempo de preparación require un coñecemento máis ou menos amplo do funcionamento da mesa, como ocorre con calquer outra consola, pero unha vez collidos os conceptos máis importantes é posible programar un bolo con moitas posibilidades sen demasiada inversión de tempo. Si é certo que existe un hándicap: cando levas a túa propia consola MagicQ a un festival, é ben seguro que moi poucos operadores optarán por usar ese sistema, e nos seus rider técnicos pedirán outras consolas con mayor difusión, pero tamén é certo que se dispós da túa propia mesa non quererás que ninguén máis a utilice.

¿Por qué contratar a un técnico que leva a súa propia consola? ¿Por que invertir para ter unha?

Porque, se é bo e coñece a súa plataforma, fabricará diseños moi por enriba das posibilidades de calquer operador que se vexa na obriga de programar durante o tempo de proba do seu grupo. Levará, se é traballador e ten sentido do ritmo, unha sincronía e precisión que difícilmente poderá ser igualada operando en directo, e rara vez dará problemas xa que terá o espectáculo funcionando en pouquiño tempo. Sempre, claro está, que exista comunicación cos técnicos asistentes presentes no evento, e non se atope na montaxe sorpresas pouco agradables. Cando un vai co seu sistema, acabouse mandar un ultimátum á empresa para que che poña a mesa que pidas, acabouse erros incomprensibles en sistemas que non dominas, acabouse ter ó técnico asistente programando para ti, acabouse pelexar cos outros operadores por ter algo máis de tempo para grabar memorias, e sobre todo, acabouse a ristra de erros inevitables na programación cando na viaxe durmiches pouco, alguén non che cae demasiado ben ou deus sabe por qué, tomaches esa tarde unha cervexa de máis.

¿E por qué é ista e só ista a plataforma de control total?

Non é a única, iso é evidente. Só é unha das posibles, e dende o meu punto de vista, a mellor posible para o meu xeito de traballar, o meu presuposto, a miña necesidade de viaxar con ela e o tipo de espectáculos que deseño e opero. ¿Qué ten de malo unha boa Grand MA, unha HogIII ou unha Maxxyz? Nada, se tes pasta para mercala, tempo para dominala e sobre todo un bo método para transportala a todas partes. Calquera das consolas mencionadas contan con funcións idénticas ou moi similares ás da MagicQ. ¿E qué ten de malo pasar do MagicQ PC Wing e ir directamente a por unha consola Chamsys MagicQ 100 ou 200? Iso digo eu. ¿Qué ten de malo, empresas do mundo dos espectáculos?

Ben Díaz

 

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado