Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« abril 2011 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
    
1
2
4
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Así foi Standstill + Pülsar en O Túnel

domingo 03 abril 2011

¿Son sincero? Non quedei moi contento co show que puiden facer ás luces de Standstill, aquela noite de Marzo na sala O Túnel, malia o excelente trato que me dispensou Enric Montefusco, líder da banda, ó darme algunhas indicacións básicas sobre o seu espectáculo. Non quedei demasiado contento porque precisamente foi ese día o único en que sufrín certos problemas técnicos co montaxe de iluminación que levo na sala. E sen embargo, un tenta sempre facer o seu traballo o mellor posible, e sobre todo, do xeito máis acorde ás tendencias musicais de cada banda. Non temos material do outro mundo que operar, e precisamente por iso, sempre se intenta resolver a situación con algo de ilusión e esforzo creativo.

Por iso cando hoxe, días despois de aquel concerto, e tras ir traballar onte novamente en O Túnel (onde por certo encheron a sala Reincidentes e Censurados), un senta diante do ordenador e bucea un pouco na rede, sempre é moi satisfactorio ler unha crónica tan positiva sobre aquel concerto de Standstill e Pülsar. Especialmente cos problemas añadidos, e sobre todo se ós que reseñan o concerto un non os coñece de nada, como é o caso, e atesoran unha profesionalidade evidente.

A crónica elaborada pola xente de TANAKA MUSIC, que pode lerse aquí, inclúe moitas imaxes do concerto, fotografadas todas elas por Pequena Suricata (unha fotógrafa espectacular da que estou namorado en tódolos sentidos posibles, especialmente do seu traballo musical como Jane Joyd), e unhas palabras sobre o meu traballo certamente fermosas que sen dúbida agradezo de todo o corazón.

Quero tamén destacar o meu agradecemento á xente de Pülsar, ós que non coñecía pero recomendo encarecidamente (cun último álbume realmente bo), que manifestaron palabras moi eloxiosas sobre as luces na sala. Adxunto tamén un vídeo do concerto que saquei do seu facebook, no que se pode apreciar bastante ben a idea do seu espectáculo.

Os luceros sempre estamos por detrás dos sonidistas nos concertos... Como debe ser, supoño. Por iso senta tan ben que, de cando en vez, a xente desfrute o traballo de un con tanta intensidade, por sinxelo e humilde que este sexa. 

Moitas gracias!

Ben Díaz

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado