Ben Díaz / Videafilm

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« febreiro 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
1
2
3
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
19
20
21
22
23
24
25
27
       
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Curso de iluminación 2010

xoves 04 febreiro 2010

Finalmente, quedou confirmado: a partir do 1 de Marzo 2010 terá lugar na Escola de Producción Audiovisual "O Raio Verde" de Santiago de Compostela, lugar onde dou clase de Producción de Cine e Vídeo dende Outubro, o meu primeiro curso de "INICIACIÓN Á LUMINOTECNIA" como profesor.

O curso constará de formación teórica a distancia (e-learning) e 24 horas prácticas, ó longo de catro semanas os días luns e mércores de 16:00 a 19:00 horas, durante todo o mes de Marzo.

Todo o temario teórico é de autoría propia e comprende de xeito divulgativo os principais conceptos da luminotecnia audiovisual, estando especialmente indicado para estudiantes ou persoas non iniciadas xa no mundo da luminotecnia, e poderá ser descargado en formato PDF dividido en varias unidades didácticas. Cada tema inclúe exercicios para a comprensión da materia, e tódalas dúbidas poderán ser atendidas polo profesor mediante o foro na rede do curso.

Os equipos que se utilizarán nas clases prácticas parten da colaboración entre Ben Díaz, Videafilm e o propio centro. Traballaráse no plató da escola fundamentalmente con aparatos de tungsteno e fluorescencia, incluíndo proxectores Fresnel, open-face e pantallas de distintas configuracións, así como todo tipo de accesorios como trípodes, bandeiras, hollywoods, brazos máxicos, pinzas, etc. 

O curso está restrinxido a un máximo de 15 alumnos e un mínimo de 10, seleccionados por orde de inscripción, e as matrículas poderán facerse a partir de mañá mesmo en horario de oficina na propia Escola, só aberta polas mañás.

O prezo do curso é de 250 euros.

Ben Díaz e Videafilm tamén coordinan no mesmo centro un curso de "INICIACIÓN Ó SON" nas mesmas datas, horarios e condicións, impartido por Roi Gil.

Para máis información, é posible dirixirse directamente ó centro, escribindo un correo electrónico a informacion@oraioverde.com. 

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado