Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« febreiro 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
19
20
21
22
23
24
25
27
       
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

District 9, unha película para a lembranza

martes 16 febreiro 2010

Hai xa case un mes que publiquei unha lista das mellores películas de 2009. Aquel post non fixo senón constatar que non vin demasiadas películas este ano. Esta madrugada decidínme a ver esa peli que se publicitou por todas partes citando a Peter Jackson, tanto, de feito, que pensei que se trataba do propio director, cando en realidade só produce. E agora que xa a rematei, doume conta de que nesa lista falta esta película... Sen lugar a dúbidas.

A verdade: eu pensei que só era unha película de xénero máis. Extraterrestres, pois vale. Unha nave enorme enriba dunha cidade, ok. Violencia, perfecto. "Independence Day", vaia. Así que mellor non ir a vela, xa sabemos que os aliens chegan, arrasan coa humanidade e listo. Ademáis, temos recente "La guerra de los mundos", que básicamente trata o mesmo tema, e este ano saíu tamén Avatar, que trata todo o tema extraterrestre en profundidade.

Erro absoluto. "District 9" é unha xoia. Inxeniosa ata dicir basta, resulta revolucionaria no seu xénero, reveladora na ciencia ficción e altamente recomendable en calquer outro circuito. Un dos éxitos de "District 9" é que pode haber lixeiras referencias a outras películas, pero a intención en todo momento é contar algo novo, dun xeito distinto, e despois de ve-la peli un non pode evitar pensar... "¿por que carallo non se lle tivo ocorrido a ninguén antes?".

"District 9" encandila pola súa frescura, pola súa crítica social tan ben levada, polo xeito selectivo de utiliza-los efectos, e sobre todo, polo xeito en que está realizada, entre falso documental e ciencia-ficción, pero sempre mantendo a tensión, o drama moral e, moi por baixo, un senso do humor sarcástico e sutil. É certo que outras pelis como "Monstruoso" ou a española "REC" xa fixeron uso do "look noticiario cámara en man" ata seca-la fonte, e moitos outros filmes xa o fixeran antes. Pero é que aquí está ben usado, ben involucrado na historia, e complementa sen distraer, añade sen restar. Os medios cubren o acontecemento da nave nodriza exactamente igual que como trataron todo o tema do atentado contra o WTC. Soio que aquí pasa algo...

Porque si, chegan extraterrestres, e si, chegan nunha gran nave. Pero a nave leva 28 anos flotando no aire! Meses despois de chegar á terra, e sen ocorrer nada especial durante ese tempo, os humanos deciden forza-lo veículo extraterrestre para ver qué pasa dentro. E o que atopan dentro é millón e medio de extraterrestres con pinta de cucarachas que morren coa fame, sumidos no caos. Así que os humanos decidimos trasladalos a un campo de refuxiados tras unha curta convivencia.

Ten gracia porque a historia ocorre en Sudáfrica, e o Distrito 9, que é onde os aliens están confinados, é unha clara referencia ó distrito 6 que tantos problemas suscitou na época do apartheid. Neste caso negros e blancos están dacordo en que non queren ós extraterrestres. Para eles son bichos tontos que rebuscan na basura sen máis, viven en chabolas e non son capaces de fala-lo idioma. Así que cando unha empresa privada toma o control sobre a población, a cousa remata por converterse nun despropósito, onde se experimenta cos aliens, se lles trata sen compaixón e sufren unha matanza selectiva e un control da población.

É unha lástima que "District 9" tivera saído o mesmo ano que "Avatar". Os dous protagonistas comezan sendo humanos e derivan pouco a pouco cara o estado alieníxena. Nos dous filmes os aliens son os despreciados. Nos dous filmes os aliens parecen incluso máis primitivos socialmente que nós. Son dúas boas pelis.

Agora ben; as referencias de Avatar con outras pelis do xénero son evidentes; con "District 9" é moito máis difícil discernir de ónde ven cada cousa. Para min, só se fan evidentes algunhas cousas; primeiro, a tecnoloxía robótica ó estilo RoboCop, segundo, unha secuencia de acción no clímax da película que se pode contar practicamente como homenaxe á escea final de "Scarface", terceiro, a metamorfose estilo "Alien". E si que é certo que en toda a película se respira moito aire ochentero, época na que, probablemente, se pariron os mellores títulos do xénero.

"District 9" non debería ser esquecida tan fácilmente. Paréceme a min que ha permanecer como filme de culto, se ben na taquilla non lles foi nada mal e ata foron nominados ós Oscar.

Total, unha película que recomendo ver encarecidamente. E para unha experiencia aínda máis gratificante, nada mellor que visita-la páxina oficial... Todo un exemplo de que cando se quere facer algo ben, faise. Probablemente a mellor páxina web dun largometraxe que teño visto na miña vida. E xa vin unhas cantas...

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado