Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« marzo 2011 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
18
19
21
22
23
24
25
27
28
29
30
   
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

MTV, Warner Music e Ben Díaz presentan "Transmontana" de Luar Na Lubre

xoves 03 marzo 2011

Primeiro foi "Ven bailar Carmiña", o primeiro videoclip de Luar Na Lubre creado por Videafilm con dirección, fotografía e montaxe de Ben Díaz, e agora é "Transmontana" quen toma o relevo para promocionar o último álbume da banda galega, titulado "Solsticio", editado por Warner Music Spain, e baixo a dirección da axencia de management Gin Tonic Music.

Music TeleVision Spain (MTV) decidiron promocionar abertamente o novo single da banda, tanto a través da súa canle en emisión como por medio da súa páxina web oficial.

Podedes ver a páxina que lle adicaron ó clip aquí.

"Transmontana" é o segundo videoclip que dirixo, no que tamén traballei fotografía e montaxe. O que este tema presentaba era realmente interesante, posto que emprega linguaxes pouco habituais en bandas de folk tradicional. As mesmas influencias que se manexan na composición, con elementos de estilos musicais moi distintos como a música electrónica ou rock duro, ofrecían un enfoque narrativo á hora de traballar o vídeo que tamén se nutrise destas referencias propias de outros clips musicais. Non é habitual ver un solo de guitarra distorsionada nos temas de LNL, e por iso tiña máis sentido que nunca retratalo tal e como se toca en directo. Tampouco é habitual xogar cos tempos cinematográficos cando se tenta reflexa-las sensacións que aporta o directo dunha banda, e sen embargo efectos como cámaras lentas e rápidas, frames conxelados, marcha atrás, etc. quedan fusionados no contexto musical e añaden matices que nunca apareceran nos seus vídeos.

En "Transmontana" a idea latente reside en quitarlle protagonismo ós músicos para darllo ó seu público. Luar Na Lubre non existiría sen a súa audiencia, ben sexa a dos directos, os que asisten ás entrevistas da radio ou a quen os ve en espazos públicos. Todos eles permiten a evolución do grupo e conforman a súa identidade. De aí que no clip non aparezan as caras dos músicos ata a parte final, e cando é posible ver claramente os seus rostros, e cando interactúan precisamente coa xente que os sigue. En certo sentido, "Transmontana" é unha homenaxe á xente que está pendente da súa música, e tamén un pequeno aperitivo para que a xente poda intuir todo o que engloba o novo espectáculo en directo da banda. Deste xeito, se en "Ven bailar Carmiña" eran os músicos os que, claramente definidos, relataban a historia mediante os seus instrumentos, en "Transmontana" é o público quen conta a historia de Luar Na Lubre, chea de ambientes distintos, cores diversificadas, situacións múltiples, movemento, improvisación e frescura.

O clip foi gravado durante as vivencias que tiven coa banda nos días previos ó seu concerto en Alcalá de Henares, onde presentaron o novo espectáculo "Solsticio", para o que deseñei o concepto visual. Foi un xeito de filmar máis intuitivo e individual, coa firme intención de rescata-la esencia, esbozando un misterio que se desvelará en cada directo coa banda.

Espero que disfrutedes de "Transmontana".



Aquí podes ver o clip de "Ven Bailar Carmiña".


 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado