Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« decembro 2009 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
3
4
5
6
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
23
24
25
26
27
30
31
   
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Novas ligazóns de Amigos

mércores 16 decembro 2009

 Como sabedes as familias cibernéticas sempre crecen mais as neuronas nunca se recuperan, así que un ten amigos dende hai tempo, eses amigos publican contidos web dende hai tempo, pero un non se lembra de incluilos no seu blog, aínda que agora estén a tempo.

Así que inclúo dúas novas ligazóns, a primeira pertence ó luminotécnico, periodista e fotógrafo / cameraman galego Miguel López, máis coñecido como mincinho, afincado en Barcelona dende hai xa uns anos, e co que tiven a sorte de compartir estudos no seu momento, traballos despois e unha enriquecedora amizade que se afianza no tempo malia a distancia. Trátase ademáis dun profesional con arte, capaz de rescatar da fotografía a súa forza evocadora e mesturala coa cultura galega, dotándoas de actualidade voraz e emparentándoas coa tradición humorística que habita nos debuxos de Castelao. Tódalas súas obras, así como outros sitios de interés, están presentes no seu blog mincinho.

A segunda ligazón corresponde ó Myspace da banda Display Of Power, que acreditan un espectacular tributo a Pantera, e que xa son habituais neste blog dada a amizade e a colaboración profesional que me une ós seus directos. Realmente trátase dun Myspace elaborado e con moita actualización, cheo da vida que aportan os seus innumerables amigos e demáis bandas que navegan polo seu foro e os seus blogs. Entre fotografías e información detallada sobre o grupo, pódense atopar numerosos vídeos en directo, aloxados na súa propia canle de Youtube, realmente traballados, e que na súa maioría foron gravados así como editados por outro gran profesional do audiovisual galego, Darío, co que tamén teño compartido moitas risas entre cañas. Un Myspace altamente recomendable dunha banda que xa está dando que falar, e moito, tanto a nivel galego como nacional.

Tanto mincinho coma Display Of Power xa contan cunha ligazón permanente neste blog, e dende aquí enviarlles apertas e desexarlles que continúen publicando para deleite dos que seguimos os seus espazos.

 




Comentarios

;)

enviado por mincinho o 29 decembro 2009 ás 02:18 PM CET #

;)

enviado por mincinho o 29 decembro 2009 ás 02:18 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado