Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« marzo 2011 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
18
19
21
22
23
24
25
27
28
29
30
   
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Pere Macias i Arau: cómo ser idiota e ademáis parecelo

martes 15 marzo 2011

Non acostumo a falar de política. Non me gusta a poítica. Considérome abertamente de esquerdas, desa esquerda desaparecida hai tempo, pero non me vexo representado por ningún dos partidos políticos españois e non recoñezo a liberdade democrática neste país no que vivo. Así que, como non participo, tampouco ten demasiado sentido facer valoracións sobre a realidade política do país... Adáptome a ela e punto.

Soio que no día de hoxe, tomando un té nunha cafetería, déuseme por ler La Voz de Galicia. Mala idea. Normalmente logro absterme de semellante erro, lendo calquer periódico estúpido e intrascendente como o Marca. A prensa hoxe en día dá medo. O sensacionalismo imperante xa non ten límites, e os bandos políticos detrás de cada nova son tan evidentes que calquer atisbo de presunta neutralidade na información desapareceu hai tempo. Moito peor nos tempos que corren. Ás veces tódolos medios parecen confabulados na teima da Alarma Social. Todo vai mal, mais sempre pode ir peor. Ese é o leit motiv dos nosos días: desgastar a confianza da xente, establecer o Imperio do Medo, anular xestos inútiles como o sorriso. Ás veces evito falar coa xente. Os medios falan a través das súas bocas e me venden inevitablemente a idea de que debo estar triste. Debo claudicar ante unha situación horrible, malia que non a perciba, malia que xa a coñeza, malia que xa a teña superada. Debo entristecerme porque facer a vida agradable á xente no día a día non debería estar permitido. Debo poñer mala cara porque rir é hoxe en día pouco menos cunha falta de respeto. E así nos vai.

O periódico resaltaba na portada unha entrevista a Pere Macias i Arau, coñecido por dirixir espectacularmente ben ó seu xardineiro namentres corta o seu céspede. Ah, si, e por ser político. De CiU, concretamente. E agora, tamén, por ser idiota.

Non me considero nacionalista. E sen embargo, sempre crin no nacionalismo actual como unha vía interesante e necesaria. O centralismo é abafante nos días que corren e ós que estamos na periferia non nos queda outra que defendernos. Tanto máis se contamos cunha lingua e cultura propias de amplo calado histórico. Tanto máis se temos a nosa particular filosofía da vida e queremos que sexa escoitada. A min ninguén ten que venderme cómo son as cousas fóra. Xa as vivín. Tres anos vivindo a Castilla profunda, de costa a costa. Sei qué somos os galegos para o resto de españois, para ben e para mal. Sei o pouco lles importa á maioría a nosa defensa a ultranza do país. E tamén sei o que pasa en Catalunya. Non creo que sexa adminable pero tampouco hai que demonizalo. O catalá é, menos mal, ampliamente respetado e protexido. Emprégase a diario por tódolos estratos sociais e o resto do estado, aínda que a regañadientes, acéptao. Existe ademáis Galeuska. Existe certo senso de irmandade entre pobos con linguas propias que dalgún xeito se sinten apartados neste país. E non creo que en Catalunya percibiran nunca por parte dos galegos unha oposición ás súas políticas catalanistas, aínda que nos afectaran tamén a nós. Non o creo.

Pero chegados a este punto, xorde da nada un idiota. O seu nome, Pere Macias i Arau. E aínda por riba enxeñeiro. Parécelle mal que o AVE de Madrid chegue a Galicia. Eles, claro, xa o teñen, e di que non é pra tanto. Iso si, el é usuario acérrimo da ponte Barcelona - Madrid. O seu medio de transporte favorito. O que pasa é que o caso de Catalunya é distinto. Galicia é distinta, e que o AVE chegue ata aquí supón demasiado gasto para todos. Resulta máis barato aillar a Galicia loxísticamente; ó fin e ó cabo en Galicia só hai galegos e marisco. Iso si, di non levarse mal cos galegos. De feito, resalta o ben que se entende CiU co BNG, como se iso lle quitara ferro ó asunto, como se todos os galegos nos vexamos representados polo BNG, como se tal cousa lle otorgase licencia pra matar. Pobre idiota. Está tan seguro do que di que lle saen demos pola boca e nin sequera se dá conta. Porque Pere é un macarra. Está orgulloso de ser un político macarra e de non pedir perdón por ser un idiota e dicir cousas de idiota. Está orgulloso de ser un idiota e ademáis parecelo.

Non creo que José Blanco, portavoz do PSOE e ministro de fomento, deba ser defendido, nin moito menos. É dos que parecen idiotas, probablemente sen selo. Pero é galego. E o tema do AVE a Galicia, que semella eterno, lle jode. Tanto como para poñer o seu cargo de aval. Para que o AVE chegue a Galicia, hai que licitar 80 Km. Oitenta putos kilómetros. Todos no estado saben o déficit histórico que España ten con Galicia en política territorial. Todos os políticos o recoñecen, incluso un idiota como Pere Macias i Arau. O que pasa que tradicionalmente Galicia sempre foi un terreo cómodo, non protesta demasiado.

Antes de seguir, o mellor é ler a entrevista aquí.

Para Pere é máis sinxelo comeza-la entrevista derivando o tema cara o problema das caixas, claro. Non creas, Pere, que a nova situación de CaixaNova e CaixaGalicia non nos toca os collóns. Só un idiota sacaría outro tema conflictivo para saír dun conflicto. Gústasme máis cando te sae a vena "choni de polígono" e dis cousas como que "En el caso de Catalunya es igual que tengamos AVE. Como si lo cierran". Santos collóns que tes fillo de puta. E despois de encherte de coller ese AVE que agora non che importaría quitar. Claro, ti non tes que facer, como tantas e tantas veces fixen eu, unha viaxe de oito horas para traballar en Madrid. Porque os galegos, e neso si que nos diferenciamos dos cataláns, por ser de terra pobre, estamos acostumados a emigrar e traballar onde sexa para poder darnos a valer. E ninguén di que non ós galegos porque saben que traballamos a máis non poder e cunha actitude seria e responsable. Sen embargo, a ti non te queremos por aquí. Non das o perfil.

Di o bo de Pere que antes que un ferrocarril para os galegos, o que lle fai falla a Galicia é un mellor sistema ferroviario para o transporte de mercancías. Claro. Así os demáis poden beneficiarse do que Galicia ten para dar sen ter que aturar ós galegos. Os productos galegos son benvidos, pero é mellor que os galegos queden na casa. Xa. Pero sigue, Pere, sigue. Es moi simpático e a túa realidade resulta moi interesante. Como iso de que, con AVE, o que sucedería é que os galegos irían a mercar a Madrid, pero ninguén de Madrid iría mercar a Galicia. Moi bo. Porque os fisterráns coma min non recibimos na vila inxentes cantidades de madrileños turistas en verán. Tantos como para que se duplique a poboación do pobo en verán. E claro, que exista AVE entre Madrid e Galicia non modificaría esta circunstancia. Probablemente viría menos xente, e deixaría aquí menos cartos. Gran teoría. Un teoría, como ti dis, Pere, non nacionalista senón "racionalista". Qué ben fala o meu neno.

Di Pere, "dulce Pere", que prefire non ter AVE a cambio de menos parados. Porque debe pensar Pere que a xente emprega o AVE para ir xogar a Madrid partidos de tenis. Porque Pere non cre que o AVE sirva para que a xente marche a traballar. Será porque Pere non traballa. Vai a Madrid só pra xogar ó tenis. Pere cre que o que realmente hai que mellorar en Galicia son os portos galegos, claro que si. É dicir, sacarlle máis rendemento ó negocio galego fóra de Galicia. Convertirse nunha potencia marítima a costa dos galegos. Pero eles que queden alí, eh! Que os galegos xa se sabe que son unha plaga, e se lles deixas...

Ata aquí. Vale. Pero entón atopas outro artigo no mesmo periódico, no que ensalzar a Pere resulta practicamente inevitable. Pódese ler aquí.

"Buscar la igualdad total es una estupidez", di Pere, e ó dicilo non se dá conta de que está a quedar coma un estúpido. Pero atención... Palabras textuais do artigo publicado:

Pere Macias reconoce que siempre utiliza el AVE para viajar entre Barcelona y Madrid. «Sí, soy usuario. Lo utilizo siempre y me parece muy cómodo, pero eso es a nivel personal. El discurso político va por otro lado».

Jajaja, claro que si, Pere, jajaja. Se ó final, vai ser que ademáis de parecer estúpido e idiota, no fondo o que es é un auténtico cabrón malnacido. Pégache bastante.


 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado