Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« decembro 2009 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
3
4
5
6
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
23
24
25
26
27
30
31
   
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Problemas cos comentarios...

luns 28 decembro 2009

Quérovos comunicar a toda a xente que escribiu comentarios recentemente nos posts do blog que se os seus comentarios aínda non aparecen nos artigos trátase exclusivamente por un problema da administración dos blogs por parte dos servidores de R, a empresa que leva a miña liña de internet. Este proveedor de servicios xa está avisado de este malfuncionamento e espero por parte deles unha pronta resposta. Tódolos comentarios tiveron a miña resposta nun prazo de 24h dende a súa emisión, mais resulta imposible poder publicalos polo mesmo problema.

Só quería dicirvos que espero que o problema sexa solventado axiña, polo que non  deixedes de facer comentarios porque, aínda que non poda aprobalos agora, si os recibo e constan no arquivo de datos, así que tan pronto se resolva esta situación poderei publicalos.

Namentres, nesta nova gustaríame publicar os comentarios recibidos xunto coa miña resposta. De novo pido desculpas por estas circunstancias totalmente alleas ó que  vos escribe e aproveito para agradecervos que escribades no blog mantendo así un feed-back moi productivo para o desenrolo do blog.

RESPOSTA DE Ben Díaz Ó COMENTARIO ENVIADO POR luis gonzalez

NOVA: "Portfolio Espectáculos"


Feliz Navidad igualmente Luis!!! Qué alegría saber de la gente de Valladolid cuando no estamos currando! Un abrazo tío, las hemos pasado de todos los colores este verano. Cuidate y gracias por visitar el blog, échale un vistazo al álbum de fotos que te verás en más de una, y a mucha otra gente de Swing.

RESPOSTA DE Ben Díaz Ó COMENTARIO ENVIADO POR mincinho

NOVA: "Portfolio Espectáculos"

Si que ten gracia o de BNG e PP, ademáis varias veces para cada un, e incluso na mesma campaña electoral... Empresas distintas, claro. O certo é que me tería máis chiste ter feito bolos para Os Verdes ou Partido Humanista, pero seica non teñen moi alá o presuposto, e como os free-lance imos sempre co mellor postor... A ti non che tocou con ningún partido aínda? Seguro que si.

RESPOSTA DE Ben Díaz Ó COMENTARIO ENVIADO POR mincinho

NOVA: "Portfolio Audiovisual"


Pois gracias por comentar o do reproductor porque estaba a proba e si que é verdade que non mola que comece cada vez que entras nunha páxina distinta, acabas volvéndote un pouco tolo se tes algo de movemento polo blog, aínda que che gusten os temas. Hei mirar de arranxalo antes das vacacións e se non dou feito probablemente o retire do blog. Gracias por avisar destas cousiñas porque axudan moito; hai widgets que só cunde añadilos se tes control sobre deles.

RESPOSTA DE Ben Díaz Ó COMENTARIO ENVIADO POR mincinho

NOVA: "Biografía de Ben Díaz"

Breve pero proveitosa, en ámbalas dúas estancias! Home, se che digo a verdá sentínme un pouco pailanciño; antes de ir a USA só viaxara a Valença do Minho (que é como dicir Tui) e un mes de intercambio organizado nunha vila de Inglaterra, así que andaba acojonado, solitario e abrumado por todo. Por unha parte estivo ben porque así estudiei e aproveitei o tempo, pero pasar, paseino mal... Como en Galicia en ningures, ti sábelo ben.

RESPOSTA DE Ben Díaz Ó COMENTARIO ENVIADO POR orso

NOVA: "Primeiras estadísticas do Blog!"

Hola Orso, e gracias por unirte á familia na rede. Pois home, non sei se é de fiar, eu saqueino dun blog bastante bo que aporta links sobre partidos que xogan diariamente os españois na NBA (son un pouco fan de Gasol e cía), que se actualiza cada día e que recibe moitisísimas visitas diarias de todo o mundo. Pareceume que estaba ben porque non mete publicidade, é simple, permite personalización e añade tódolos marcadores que necesito. Si é de fiar ou non, pois non o sei, se cadra conta de menos pero dende logo case todo o que pon me cadra, refírome ás cidades españolas e europeas, por exemplo. O que supoño si fará é que se eu mesmo entro no meu blog, rexistrará unha nova visita, cando en realidade son eu mesmo, pero supoño que esto o fan tódolos contadores. Eu non utilizo "adsense" como podes ver, nun determinado momento penseino pero creo que meterlle publicidade á xente que le o teu blog e pretender cobrar é un pouco de máis para min, respetando ós que o fan. Si que é cutre o perfil de blog que utiliza R; se recibes tantas visitas seguro que tes un blog moi interesante, ó marxe de que se cadra estás entrando demasiadas veces na dirección web do blog para ver os contidos e iso tamén queda contabilizado. Ó actualizar con frecuencia, este efecto multiplícase. Como ves, este blog é moito máis humilde, e máis especializado na parte técnica do audiovisual e dos espectáculos, dende o meu punto de vista, claro. Xa me dis qué tal o Hitstats, eu estou contento. E por suposto, me alegro de que che gustara o blog, agradézoche as palabras; espero que te unas ó clube que xa ves non somos moitos, pero selectos... Unha aperta.

RESPOSTA DE mincinho Ó COMENTARIO ENVIADO POR Ben Díaz

NOVA: "Rodando "Dous fragmentos: Eva"


Correcto! Na que trabalhei de eléctrico foi na que dirigiu Germán Tejada, "A torre sábeo", com Juan e Cariño no equipo de luces, termando da luminária em pleno temporal e de noite, ao pé da Torre. Telita..


E de momento ningún máis... Gracias a todos e unha aperta.

Ben Díaz

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado