Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« abril 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
   
1
2
3
4
5
8
9
10
11
12
13
14
16
17
18
20
22
23
24
25
26
27
29
  
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Sci-Fi Movies indispensables

venres 30 abril 2010

Sempre consideradas un xénero menor, a medio camiño entre o cine de acción máis comercial e o máis infantil cine de aventuras, as "sci-fi movies" ou longametraxes de ciencia-ficción son desprestixiadas e ven pasar por diante delas unha historia do cine que se escapa, probablemente porque a ciencia-ficción está máis preocupada polo entretemento que por isa denostada "arte", unha arte que como parásito indomable parece non poder desincrustarse da cultura xeral que rodea ó soporte fílmico.

Eu sigo defendendo a idea de que esta nosa industria do celuloide (cada vez menos) só ten sentido se consigue facer pasar un bo rato ó espectador, que todo iso da "arte" e dos "artistas", incluso cando nalgúns casos existe, pertence máis ó terreo da especulación e as cañas no bar, pero a efectos reais, o cine é un espectáculo, por encima de calquer outra consideración. E isto, directamente, iguala o cine a outros "circos itinerantes" como é o caso do Deporte Profesional, por exemplo, as xiras musicais, o teatro...

Ese papel si está ben cuberto pola ciencia-ficción e por iso soe funcionar ben entre o público (non sempre, iso é certo), malia alporizar a críticos e demáis garrapatas audiovisuais. Pero entre toda esa marea comercial ben articulada, resisten títulos que van moito máis alá e penetran nos aspectos intanxibles do ser humano, na néboa extraña que cubre de expectativas e trascendencia á nosa especie, que entremesturan filosofía, destino e pretensión de eternidade, e sempre sen perder de vista que se un aburre con tanta leria, mellor adicarse a escribir libros.

En calquera caso, hai certas películas que, sendo afeccionado á ciencia-ficción, non te deberías perder...

Solaris (Andrei Tarkovsky, 1972)


E para poñer en dúbida todo o escrito antes, comezo por unha peli rara rara. Para ver unha película de Tarkovsky hai que facer o esforzo de entrar na súa dinámica. A el, en cambio, dálle igual que entres ou non. Sabe que a peli vale por si mesma e por iso o inicio é todo un manifesto contra o convencional. O protagonista pasea por as inmediacións do río que rodea á súa casa familiar, tentando empaparse por derradeira vez do aspecto dun planeta Terra tan familiar e tan estrano ás veces. Un marxe amplo para a reflexión pronunciada. Un desafío ó que se supón que un debe empregar á hora de contar unha historia de este tipo. E finalmente, unha viaxe a Solaris, océano cósmico, á terra onde as mentes patinan e as lembranzas volven para torturarnos, para facernos preguntas sobre ese insaciable desexo de dominar outros mundos para ser capaces de valora-lo noso. Estou seguro de que esta peli está considerada unha obra de arte por aí adiante... Pero para min, só é unha gran "sci-fi movie". Iso si, sen música, cunha montaxe lenta e unha mecánica de planos inerte. E ademáis en ruso! Xoia do cine europeo.

Blade Runner (Ridley Scott, 1982)

De Blade Runner pouco se pode dicir. Probablemente a peli de ciencia-ficción con máis poder estético. Se a idea de concebir un planeta lonxano como un Océano (a contida en "Solaris") xa é boa, o concepto dun lugar onde sempre está a chover, con luces artificiais nocturnas e vagamente respirable gracias ó efecto do fume e vellos ventiladores, consegue ser tan abafante que a presenza de grandes efectos especiais pasa a ser algo secundario. O mellor Harrison Ford que teño visto na pantalla, con diferencia, imaxes poéticas que non renuncian á historia, un drama moral inmenso sobre a clonación e as consideracións que atañen ó ser humano cando se convirte nun deus, unha intro sobre maqueta que debería ensinarse en todas as escolas de efectos especiais do mundo, uns decorados que a día de hoxe seguen sendo tan potentes coma nos anos oitenta... Ista película non ten continuación nin falla que lle fai. É unha xenialidade ó alcance de poucos. Para ser exactos, ó alcance dos pouquiños asistentes ás salas naquel momento, xa que a peli foi un fracaso comercial na súa época, sendo incluso superada por outras longametraxes de ciencia ficción que co paso dos anos pasaron sen pena nin gloria.

2001 (Stanley Kubrick, 1968)

Que en 1968 se poidera imaxinar algo así, dá moito medo. Kubrick é capaz de calquer cousa, e facer unha película como esta é a proba total de que era un descerebrado. Tan enigmática a día de hoxe como no momento en que saíu (se cadra porque Stanley tiña a gran idea de evita-lo capítulo final da novela que adaptaba), ofrece moitísimas máis preguntas que respostas, e aínda así resulta cautivadora. O "footing" que se marca o protagonista dentro da nave é antolóxico. A figura de HAL, o gran cerebro da nave capaz de toma-las súas propias decisións, afonda na idea da intelixencia artificial, e no afán de dominación sobre seres inferiores. Pero sobre todo, esta producción narra a limitación dunha especie, a limitación da nosa mente, o significado das cousas que tanto necesitamos aínda que non exista e a inmensidade feita vacío e simboloxía. Non sei se no futuro atoparemos unha idea espacial similar a 2001, pero é bastante probable que se lle achegue. ¡Grandiosa!

Desafío Total (Paul Verhoeven, 1990)

Probablemente pasará á historia como "esa peli coa banda sonora dos partidos que poñen en Digital Plus". Efectivamente. En parte por ter no reparto a Arnold Schwarzenegger (ou Chuache, pa gustos), flamante gobernador ultraconservador de California, e a Shanon Stone coas súas pernas eternamente cruzadas, á película non se lle deu a verdadeira dimensión creativa que merece. Un guión absolutamente marabilloso, onde se mesturan realidade e ficción, alucinacións e dramas estelares, este título está cheo de grandísimos acertos como a introducción da minería en Marte, o que provoca unha dominación total do planeta vermello, a posibilidade da mutación entre alieníxenas e humanos, con resultados nalgúns casos excelentes, e fundamentalmente, a loita a morte por dominar o ben máis escaso do planeta: o aire. Estéticamente, e pese a brillar como a maioría das longas de Hollywood, todo está bastante conseguido e durante todo o filme un non pode evitar pensar se como espectador estás a segui-la historia ou non polo camiño correcto. Violencia sen censura, persecucións extremas, e un sorprendente final añaden compoñentes xeniais á trama, e todo aderezado por unha música exquisita. Adoro esta peli, incluso con Chuache no reparto.

The Terminator (James Cameron, 1985)

Agora resulta que Cameron é bo por ter feito "Avatar", que sen dúbida é impresionante, pero non esquezamos que, 3D aparte, a gran película de Cameron é "The Terminator" (e outra vez Chuache na lista!!!). Probablemente o mellor papel que o bo de Arnold interpretou nunca, aínda que para min Linda Hamilton é a que merece tódolos honores. O seu personaxe acredita unha forza enorme, máis grande que a de calquer Terminator. O futuro apocalíptico que amosa é fastuoso, e o emprego das máquinas como elemento estético determinante (especialmente a fábrica das últimas secuencias) está moi conseguido. Ó fin e ó cabo, é Terminator, qué máis se quere! Novamente un papel fundamental da música, esceas de acción grandiosas, e a introducción das viaxes entre pasado e futuro, con tódalas connotacións espazo-tempo posibles. Aínda que moitos valoran máis a segunda película da saga, que sen dúbida é moi boa, eu prefiro esta, a orixinal. Lástima que coa terceira fixeran un traballo tan penoso, malamente arranxado por "Terminator Salvation".

Close Encounters at the Third Kind (Steven Spielberg, 1977)

Nin "E. T.", nin "A guerra dos mundos", nin "Intelixencia Artificial". Se teño que escoller unha "sci-fi movie" de Spielberg, "Encontros na Terceira Fase" se leva tódolos premios. Di a lenda por aí que Spielberg e Lucas intercambiaron dereitos sobre as súas míticas películas, xa que Lucas pensaba que esta pasaría mellor á historia que "Star Wars". Evidentemente a peli que agora nos ocupa non tivo demasiada trascendencia no tempo (si cando foi estreada), pero o contacto cos extraterrestres a través da música, unha das ideas fundamentais da película, é simplemente unha xenialidade. Entra nese particular submundo das "pelis para toda a familia", e sen embargo pretende ser un manual de cordialidade entre civilizacións do cosmos, mediante a utilización de sensacións e non de linguaxes comúns. Spielberg é un director de "cine de persecucións", e iso non o poderá evitar nunca, pero si polo menos non introduce minutos de máis ou patriotismo idiota nos seus filmes, a min chégame para consideralo un bo director.  

Star Wars (George Lucas, 1977)

Saíu á luz o mesmo ano que a película de Spielberg, pero evidentemente acadou moitísima máis trascendencia. Non teño demasiado criterio á hora de evaluar unha película como ista porque, por un lado, non me resultou unha mitoloxía tan apaixoante como a de J.R.R. Tolkien, e por outro, a min gústanme as tres novas películas, malia pecar ás veces de cromas inocentes. "Star Wars" é película obrigada, e punto. Pero que conste que, se tivera que facer un ranking cos filmes que veñen neste listado, "A guerra das Galaxias" non ocuparía as primeiras prazas. O tramo da aprendizaxe no planeta de Yoda, sen dúbida o máis salientable dende o meu punto de vista.

 




Comentarios

No te perdono que te dejaras en el tintero la genial Alien!Más de 30 años después sigue pareciendo tan moderna como el primer día... La scifi tampoco se puede quejar demasiado por la crítica. Casi todas las que nombraste están muy bien consideradas...al igual que Metrópolis, Alphaville, Farenheit 451..El terror sí que es el género maldito!

enviado por Javi Camino o 11 maio 2010 ás 01:50 PM CEST
Sitio web:: http://www.javicamino.com #

Ah!También añadiría las grandísimas Depredador y Robocop, así como las imcomprendidas Dune y Starship Troopers jeje y ya me callo.

enviado por Javi Camino o 11 maio 2010 ás 01:56 PM CEST
Sitio web:: http://www.javicamino.com #

Amigo Don Javier, es usted una autoridad en la materia, y como es habitual en estos temas tiene razón infinita. Pero permítame explicarme; las que puse me parecían verdaderamente imprescindibles!!! Alien es genial, sin duda, pero no puedo dejar de ver a Gigger como el autor real (y a demás no quería saturar el post de Cameron); Metrópolis es una joya que adoro (mi director favorito, el gran Lang) pero dudaba si catalogarla sci-fi o no, la verdad; Alphaville es novedosa a tope, un Goddard por fin masticable, pero quizá un tanto insípida como para ser imprescindible; Farenheit 451 es, sin duda, maravillosa, genial, espectacular. Ni siquiera se me había ocurrido para este post, dado su trascendencia moral (de lo que va realmente es de quemar literatura, vaya), pero es grandiosa, es verdad. Ahora bien, don Javier, a mí Robocop me encantó pero creo que es porque tengo tu misma edad y para nosotros es un mito infantil, nada más (aunque la cito en el post de Avatar) y Depredador, a mí sinceramente nunca me llegó, más allá del boom comercial y todo eso... Pero acepto. Dune... bueno... vale... PERO QUE LE QUITEN LA VOZ EN OFF al remasterizarla! No puedo soportarlo. Y si pusiera Starship Troopers, tendría que poner también District 9... Qué extraño, ¿no pondrías Inteligencia Artificial? Pero tienes razón... La Sci-Fi al lado del Terror que tú practicas (Los romanos al lado de los etruscos), pues es verdad, han tenido una mayor aceptación por parte de los que escriben libros de cine (¿por que no harán cine en vez de escribir sobre ello?) El próximo post va a ser de anime y ahí te vas a cagar!!! Un abrazo camarada.

enviado por Ben Díaz o 11 maio 2010 ás 02:51 PM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #

Alien é de Scott! Aliens é a de Cameron.

AI a mim pareceu-me uma andrómena, igual a deveria ver outra vez...

Solaris vi-na um 1 de Janeiro, data nada adequada para tal filme.

E disque tudo começou com "Viagem à lua" dum tal Méliès.

Saúde!

enviado por mincinho o 20 maio 2010 ás 03:26 AM CEST
Sitio web:: http://mincinho.blogspot.com/ #

Certo! A primeira Alien é de Ridley Scott; falei dela no post de "Avatar". Eu creo que AI é unha moi boa película, que sufre do defecto presente en tódalos filmes de Spielberg... Demasiado longa, e un mal final. Xusto ó contrario que Kubrick... En canto a "Solaris", hai que vela con gañas de vela, porque faise difícil, especialmente se un a ve, como fixo un colega o outro día, con subtítulos en ruso durante unha sesión de Alva Noto. E home a de Mèlies non me atrevín a poñela!!! Do mesmo xeito que non poñería ós Lumière nunha selección de docus... Pero é grandiosa! Vaise animando o post... jeje

enviado por Ben Díaz o 23 maio 2010 ás 08:03 PM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado