Ben Díaz / Videafilm

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« xaneiro 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
22
23
24
25
26
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

15 documentais activistas

venres 29 xaneiro 2010

Non me cansarei de dicir que estamos nun momento de importancia histórica no referente á democratización do medio e o libre acceso tanto a información como a contra-información. Neste mundo cheo de desidia, no que todos estamos contaxiados polo virus inoculado polo protagonista de "O Estranxeiro", esa gran obra de Camus, faise necesario que a xente da que nos fiamos nos oriente dalgún xeito por entre os vastos océanos de ceros e uns. Internet é unha fonte de numerosos males pero tamén a solución para moitos outros, e sen dúbida, unha brutal arma de comunicación capaz de permiti-la difusión de obras sociais destinadas a provocar cambios radicais na mentalidade das persoas, transformándoas nun poder que para si quixeran os grandes líderes políticos de outras épocas.

De entre todas esas pezas audiovisuais, permítome rescatar quince (habería para máis, pero como todos sabemos o exceso de información é moitas veces máis perxudicial que a ignorancia), non sin antes recomendar encarecidamente a todos aqueles que escollades participar no seu visionado, que por favor honredes ós documentais mantendo en todo momento unha visión crítica cos datos e opinións que neles se aportan. Hai pouco lin nun foro que o que definía a un documental era, precisamente, a presentación de documentos. Nunca escoitei mentira máis grande sobre o tema. Un documental é, en moitos casos, máis irreal que unha película de ficción. Presenta unha visión absolutamente parcial sobre unha realidade concreta e descontextualizada, ineludiblemente tendenciosa e ideoloxizada, partindo dunha idea clara que o director tenta en todo momento expresar a través do seu enfoque. Se temos claro isto, o visionado de documentais sociais, reivindicativos, conflictivos ou activistas, resulta altamente recomendable para manter unha mente sana e independente. Se, en cambio, somos carnaza para ideólogos "conspiranoicos", e cremos todo o que se nos conta como verdades infalibles sen nin tan sequera molestarnos en contrastalas, mellor sería que non tiveramos topado con esos documentales na vida.

Así que, unha vez liberada a miña conciencia, alá vou:

1 - THE CORPORATION (Mark Achbar & Jennifer Abbott, 2003, Canadá)



En "The Corporation" estúdiase de xeito riguroso, para espectadores xa convencidos, a historia das corporacións americanas, a súa evolución a través do tempo e a súa transformación nas grandes multinacionais de hoxe en día. Destaca a infinita concatenación de entrevistas a partidarios e non partidarios das mesmas, de distintas idades, clases sociais e sectores, que a risco de aburrir ó espectador (non foi o meu caso, pero podo imaxinalo), dan unha idea bastante clara da implicación real da súa existencia no mundo actual.

2 - HOME (Yann Arthus-Bertrand, 2009, Francia)



En primeiro lugar, hai que dicir que "Home" é unha preciosidade. Un documental de imaxes cautivadoras na onda da marabillosa "Baraka" (Ron Fricke, 1992), soio que neste caso con voz en off e un trasfondo medioambiental serio, fundamentado na mestura entre un pesimismo descorazonador e un optimismo incondicional. Ogallá os líderes dos países que saen retratados viran o documental co mesmo espíritu que os seus creadores.

3 - EARTHLINGS (Shaun Monson, 2007, USA)



Se amas ós animais ata o punto de ser capaz de enfrontarte coas aberracións que os humanos lles inflinximos diariamente, de xeito totalmente automatizado, e sen ningún tipo de remordemento, se eres capaz de ollar á crueldade abertamente con tal de seguir informado, entón non debes perderte esta película. Se, en cambio, non es capaz de asumi-la violencia humana no xenocidio animal actual, se non podes soporta-la violencia con seres vivos que sufren as máis burdas torturas, incluso cando ocorre inxustificadamente en nome do progreso humano, debes esquecer esta película canto antes, e refuxiarte na túa habitual mentira antes de que sexa demasiado tarde. Aterradoramente necesaria.

4 - WHY WE FIGHT? (Eugene Jarecki, 2005, USA)



Esta película é na miña opinión a máis rigurosa en canto ó que está a suceder en Irak dentro do exército americano. Dende unha perspectiva o suficientemente neutral como para contentar á maioría de escépticos, navega entre as negras augas que cubren ós contratistas privados que suministran ó exército americano alimentos, seguridade persoal, etc., relacionándoos co governo bélico de Norteamérica, onde a guerra, lonxe de ser un problema, convértese nunha oportunidade de negocio. 

5 - UNHA VERDADE INCÓMODA (Davis Guggenheim, 2006, USA)



Pouco se pode dicir deste documental que non se teña dito xa. Avalada polo ex-candidato á Casa Blanca Al Gore, todo un activista medioambiental, esta película tenta buscar argumentos irrefutables que demostren as devastadoras consecuencias dun cambio climático acelerado drásticamente polo ser humano.

6 - SALVADOR ALLENDE (Patricio Guzmán, 2004, Chile)



Se cadra o maior acerto deste documental foi ser contado por un exiliado chileno. Dende o auténtico amor á figura de Allende, Patricio Guzmán emprende un moi persoal viaxe de volta a Chile, e nel atópase coa lembranza dun líder nacional esquecido pola memoria colectiva chilena. Dende a perspectiva do tempo, é posible reflexionar máis certeramente sobre a historia dunha revolución pacífica que cambiou o mundo.

7 - THE WAR ON DEMOCRACY (John Pilger & Christopher Martin, 2007, Gran Bretaña)



Este filme nin sequera tenta manter unha visión lixeiramente cercana ó "políticamente correcto" no tocante á hexemonía imperial imposta a nivel mundial por Estados Unidos, exercida especialmente sobre América Latina. John Pilger, se cadra por ser inglés, asume toda a responsabilidade conducindo un relato explícitamente crítico coa política "yankee" que parece ser resultado dun tipo que xa está farto de tanto absurdo perpetuado por distintas administracións ó longo dos anos. Contén testimonios absolutamente escalofriantes.

8 - SIDA, A DÚBIDA (Djamel Tahi, 1996, Francia)



Non pasaría de ser unha mera "frikada" de internet, unha desas teorías conspiratorias eternamente soterradas e sen base científica, de non ser porque na defensa das teorías aquí vertidas se alzan voces máis que relevantes. Este documental defende a tese denominada popularmente "negacionismo do sida", segundo a cal, o virus VIH é considerado un virus inocuo que non provoca a enfermidade do sida, provocada por outros factores, ou directamente se nega a existencia do chamado VIH. E... ¡sorpresa! un dos que comunican en moitos dos aspectos con estas teorías é o mesmísimo Luc Montagnier, considerado co-descubridor do virus VIH, achádego polo que recibiu o Premio Nóbel de Medicina no ano 2008.

9 - LOOSE CHANGE (Dylan Avery, 2006-2009, USA)



¿Quén é Dylan Avery? Pois un tipo que, con outros rapaces, decidiu tomarse moi en serio o atentado do World Trade Center, e sen quedar convencido coa explicación oficial otorgada por unha investigación non-independente, decidiu abri-la súa propia búsqueda, suxerindo repetidamente que o governo prlaneou os atentados, mais centrándose nunha masiva enumeración de preguntas comprometidas, onde a resposta oficial da administración Bush xera serias dúbidas, cando non resulta absolutamente insuficientes ou absurdas. Existen varios documentais Loose Change: 1st Edition, 2nd Edition, The Final Cut e o recente An American Coup. Todos eles con amplos seguidores e apoio mediático de actores coñecidos.

10 - ZEITGEIST (Peter Joseph, 2007-2009, USA)



Aquí si que entramos en terreos pantanosos. Zeitgeist é, precisamente por ser o documental máis difundido a través da rede nos últimos anos, toda unha fonte de polémicas. O documental do que todo o mundo fala conta con dúas partes, Zeitgeist The Movie e Zeitgeist Addendum. Ninguén sabe quén é o seu creador, Peter Joseph. Só sabemos que ese non é o seu nome real. A día de hoxe o documental está amplamente contrastado, demostrándose sobradamente que a maior parte dos datos aportados son moi dubidosos ou directamente falsos. Pero lonxe de defenestrar o documental, as ideas contidas teñen un valor sociolóxico interesantísimo, e conseguiron reabrir un debate hai anos pechado sobre a transformación da actual economía monetaria nunha futura economía baseada nos recursos. O "Movemento Zeitgeist", creado a raíz da película, conta con afiliados en todo o mundo, e converteuse no brazo activista do "Venus Project" de Jacque Fresco, centrado na creación de cidades con deseños innovadores só posibles mediante a transformación da sociedade a nivel mundial. Pode que non lle fagas caso a Joseph, pero Fresco foi entrevistado polo mesmísimo Eduard Punset no seu programa...

11 - SUPERSIZE ME (Morgan Spurlock, 2004, USA)



Unha idea tan descabellada como interesante: ¿Que pasaría se durante un mes alguén se alimentara exclusivamente da comida MacDonald's? Morgan Spurlock, un auténtico descoñecido antes de producir, realizar e aparecer diante da cámara como principal vehículo deste cómico documental, proba nas súas carnes as consecuencias. Todo un exemplo para estudiantes de producción de cine: cómo crear un producto dunha idea orixinal, gastando poucos cartos, utilizando a rede como método de promoción e, finalmente, vendendo unha serie á TV denominada "30 días" na que Spurlock probaba durante un mes e de xeito intensivo algunha cousa rara e morbosa. Tan bo productor é, que rematou por exporta-la idea ó estranxeiro. ¿A alguén lle soa algo similar en Cuatro? Iso si, con nove días menos...

12 - SICKO (Michael Moore, 2007, USA)



Moore sempre será un tipo controvertido, amado e odiado a partes iguais, sensacionalista como poucos, activista de quita e pon, patriota americano e demócrata convencido. E aínda así, segue a dar no clavo en moitos deses temas que seguen sen ter solución aparente, provocando debates serios e necesarios nos que aporta unha visión o suficientemente cómica para ser aceptada e valorada. En "Sicko", déixase ó descuberto o problema da sanidade en Norteamérica, poñéndoo en relación con estados onde a sanidade é pública, como os veciños canadienses. E malia típica ración de autobombo e morbo marca da casa Moore, moitos dos aspectos plantexados no filme son especialmente interesantes e reveladores.

13 - THE CODE (Hannu Putonen, 2001, Finlandia)



Este filme pode chegar a ser tan activista como o propio tema que aborda, o nacemento, evolución e difusión do código informático libre Linux. Particularmente non son usuario de Linux, aínda que si utilizo moito software libre; con todo, observar como informáticos de todo o mundo se unen para crear plataformas de acceso absolutamente libre e gratuito (incluso che envían o sistema operativo á casa) que pelean directamente con imperios corporativos como Microsoft ou Apple, sempre lle dá alento ós corazóns inquietos.
 
14 - PAPÁ CÓMPRAME UN KALASHNIKOV (Jon Sistiaga, 2008, España)



Pensaba que Sistiaga era un tipo bastante respetado no mundo do periodismo, por iso me resultou tan chocante botarlle unha ollada a varios blogs que se adican case en exclusiva a tildalo de izquierdista demagogo. Que é de esquerdas é evidente, e aínda así, a realidade que plantexan os seus documentais, sempre de opinión, manteñen o punto de vista dun español medio, que segue sen poder entender, coma no caso deste filme (que pode ser considerado un reportaxe), esa absoluta demencia que a metade dos estadounidenses sinten polas armas, que ademáis procuran inculcar nos seus fillos namentres aínda van a guarderías. Moi sorprendente.

15 - LA ESPALDA DEL MUNDO (Javier Corcuera, 2000, España)



Un documental conmovedor, dividido en varias historias moi personais sobre xente absolutamente esquecida, ós que o mundo decidiu dar a espalda. O caso do neno sudamericano que traballa diariamente nas minas, estivo a punto de arrancarme algunha que outra bágoa. Verdadeiramente interesante, especialmente por ser un documental español que non se centra exclusivamente na realidade do noso país, con producción do gran Elías Querejeta.


Accesit: Non son documentais en si mesmos, pero axudan a mante-la mente fresca, e polo tanto son moi recomendables, todas as pezas que se poden atopar sobre REDES, o programa de TV de Eduard Punset, o analista, pensador e lingüista de tendencia ácrata NOAM CHOMSKY, ou un dos máis grandes ideólogos deste século, moitas veces tildado (inxustamente) de estudioso das relixións KRISHNAMURTI, que se ben foi capaz de estudialas, mantiña como único obxectivo acrecenta-lo coñecemento sobre a espiritualidade e a mente humana.

 




Comentarios

Sí señor, unha base de datos activista cojonuda e un resumo moi didáctico.

enviado por orso o 17 febreiro 2010 ás 08:52 PM CET
Sitio web:: http://apnea.blogs-r.com #

Gracias orso! Ogallá este tipo de contidos tiveran a maior difusión posible. Quedan moitos docus no tinteiro... A ver se nuns meses posteo outros 15. Saudiños! Tes un blog estupendo.

enviado por Ben Díaz o 17 febreiro 2010 ás 09:16 PM CET
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado