Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« abril 2011 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
    
1
2
4
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Videafilm presenta o proxecto documental "VIZ"

martes 05 abril 2011

"VIZ" é o primeiro proxecto de producción propia que emprendemos en Videafilm tras a excelente experiencia acadada coa longametraxe documental "As Encrobas - A Ceo Aberto", dirixida por Xosé Bocixa, en 2006. Aquel documental logrou emocionar a moita xente, supuxo un pulo definitivo ás reivindicacións dos antigos veciños das Encrobas, e se constituíu nun compendio de vivencias inesquecibles para todos os que participamos do proxecto. Ademáis, a nosa teima en promocionalo derivou na emisión en Televisión de Galicia, a publicación do DVD en prensa a través da colección "Gallaecia Cinema" de La Voz de Galicia, unha exitosa edición a través de Biblos, numerosas proxeccións en asociacións e universidades, o apoio da productora IB Cinema e unha axuda económica da Xunta de Galicia.

Son 5 anos de paréntese, probablemente demasiados, que nos permitiron consolidarnos como empresa de servicios e como profesionais, así como levar a cabo produccións para outros artistas nas que participamos dende a idea ata a copia final.

Pero sobre todo, é salientable que agora, cinco anos despois, os mesmos amigos que colaboramos ou estivemos preto naquel primeirizo proxecto, podamos ver agora un novo proxecto que nace da mesma iniciativa común por aportar o noso traballo creativo para unha historia que merece a pena ser contada.

"VIZ" lévase xestando dende hai tempo, tendo lugar as primeiras gravacións en 2007. Como sempre, decidimos emprede-las cousas con calma e agarimo. En 2011 presentamos un primeiro teaser do que pretendemos derivar una fase de desarrollo de proxecto máis exhaustiva, así como unha campaña de financiación e divulgación da peza.

Este proxecto nace da cabeza de Fran X. Rodríguez e Marcos Nine, que souberon canalizar aquela primeira idea que teimei en facer evolucionar tempo atrás con tódolos meus folgos. Amigos como a xente de Cochlea Audio (Roi e Óscar) así como a participación de Paolo Aralla, operador italiano da empresa Bapufilm, e outros compañeiros como o propio Xosé Bocixa e o excelente ollo de Antón Bugallo, permitiron que o proxecto fora evolucionando nunha fase decisiva de documentación, e por iso, máis que nunca, hoxe quixera agradecerlles profundamente o seu traballo.

"VIZ" fala de Xosé Vizoso, do seu mundo, da súa percepción das cousas. Fala do traballo silencioso, do rebulir creativo, da humildade anónima, da paciencia e do esforzo. Fala da honestidade, nun tempo en que ser íntegro xa non resulta un imperativo na sociedade. E fala de compromiso coa cultura que a un lle rodea. Fala das persoas que sempre loitaron, dende as súas capacidades, pola normalización lóxica das artes. E por todo iso, encantaríame que este proxecto tivera un pequeno oco na vida da xente.

De momento, un teaser, para quentar motores. Espero sinceramente que vos guste, e como sempre, toda a difusión é benvida.

Dende Videafilm, ós que aínda credes, moitas gracias. Seguiremos informando.

Ben Díaz


 




Comentarios

Me gusta mucho, ánimo que estoy deseando ver más,lo puse en el facebook para que lo vea más gente.
Besiños Eugenia

enviado por Eugenia o 06 abril 2011 ás 12:09 AM CEST #

Ola Eugenia! Alégrome de que che guste porque tiveches parte na súa creación, aínda que fóra de xeito indirecto. Por problemas técnicos tivemos que suprimir o arquivo orixinal que subimos á nosa canle de Youtube e subir un novo, así que se tes problemas ó insertalo ou velo a través de Facebook, busca o novo vídeo, que xa está dispoñible. Mil gracias polo apoio e as bonitas palabras!!!

enviado por Ben Díaz o 06 abril 2011 ás 12:47 AM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com/ #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado