Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« marzo 2011 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
18
19
21
22
23
24
25
27
28
29
30
   
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Facendo luces para Ojos de Brujo en A Coruña

mércores 09 marzo 2011

O próximo día 12 de Marzo, os andaluces Ojos de Brujo con novo disco baixo o brazo traerán o seu directo á Coruña. Será no Festival Arte + Parte 3, e xunto a eles tamén estarán presentes as bandas Duplo Son e Chotokoeu.

O Festival Arte + Parte cumple este ano a súa terceira edición, e novamente se celebrará no recinto de ExpoCoruña. Tódalas actividades que se celebran con motivo do evento son de balde, namentres que o concerto custará 10 euros de xeito anticipado ou 15 euros en taquilla. As entradas pódense mercar aquí.

Novamente o festival será levado por Deica con apoio do Concello de A Coruña, e os equipos de luz e son serán por conta de Concerto Rent & Show.

Por alí estaremos novamente, ausentándonos do concerto que Betagarri darán no Túnel a escasos metros, operando o show de iluminación a través da MagicQ.

Unha boa oportunidade para celebrar a loita pola igualdade entre homes e mulleres. Vémonos alí!

Botádelle unha ollada ó vídeo de presentación do festival... E tamén un clip de cada unha das bandas.






 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado