Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« febreiro 2011 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
 
1
2
3
4
5
8
9
10
11
12
13
14
16
18
19
20
21
22
23
25
26
28
      
       
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Lamatumbá e Kase-O enchen O Túnel

domingo 27 febreiro 2011

Por dous días consecutivos, venres e sábado, asistín como luminotécnico a un cheo absoluto da sala O Túnel. 

O concerto do venres foi moi especial; en primeiro lugar pola volta de Loretta Martin ós escenarios, repartindo funk con novos temas que engancharon ó público. Unha ocasión marabillosa para operar luces a unha banda moi potente á que teño en moito aprecio, e de paso poder traballar con Fran como músico (e vaia músico) por vez primeira, máis alá do seu recoñecido traballo como backliner. E en segundo lugar por observar unha vez máis cómo Lamatumbá se gaña ó público bolo tras bolo cun espectáculo medido, e unha enerxía que poucos grupos poden ofrecer en Galicia.

Vai aquí unha pequena mostra do que sucedeu no concerto...



O sábado, e cun público radicalmente distinto, caracterizado por unha media de idade en torno ós 17 ou 18 anos, Kase O (ex de Violadores del Verso) vendeu 500 entradas para o seu espectáculo no que unha potentísima banda de jazz adapta cada un dos seus temas a outro nivel instrumental. A química co público deste artista é máxima e ós seguidores do hip hop quedarálles na mente un concerto para lembrar.

Aínda que a calidade non é moi alá, aí van dous exemplos en vídeo do que deu de sí o seu bolo:




O próximo Xoves día 3, terá lugar un gran acontecemento na sala. O gran Nick Royale, membro fundador de Entombed e frontman dos suecos The Hellacopters, ademáis de fundador da espectacular banda revival The Solution, estará en O Túnel cun proxecto absolutamente impresionante: IMPERIAL STATE ELECTRIC, que vén de arrasar no Azkena Rock de 2010. Unha oportunidade única de estar a 3 metros desta figura internacional lexendaria no hard rock, cunha capacidade exquisita para a composición multi-instrumental.

As entradas xa están á venda aquí.


 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado