Ben Díaz

Busca


Galerías

Algunhas das miñas fotos
Ver todas


Calendario

« agosto 2010 »
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
      
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
hoxe


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Creative Commons License
Blog Ben Díaz / Videafilm by Ben Díaz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial 3.0 España License.
Based on a work at bendiaz.blogs-r.com.
Permissions beyond the scope of this license may be available at bendiaz@galicia.com.

 

 

Só pra soñadores

martes 17 agosto 2010

Os que soñan, ou mellor dito, os que "ensoñan", que non os que teñen sono, precisan, como o albatros de Baudelaire, darse conta de cando en vez da súa capacidade, posto que nun mundo rutinario e mecánico afunden lentamente ata converterse nos máis torpes, nos menos prácticos.

Pero incluso os soñadores, os que ensoñan, os que establecen pontes, isto é, os "puentistas", que non "cuentistas" nin "contacontos", logran mediante a observación o descubrimento paulatino e moi lento de pequenos segredos agochados, pequenas verdades puras, que resisten o paso do tempo, e se cadra o único mérito de ese "ensoñar" sexa ser quen de sentirse electrificado por eses nimios impulsos. Ser capaz de aturar isas descargas casi imperceptibles, e sacar delas algo parecido a conclusións trascendentais, sempre tinguidas dunha confusión abrumadora.

O que observa e contempla, o que non cansa de esculca-las cousas que non comprende, participa dun algo máxico que non é consciente da súa existencia científica. O soñador sabe que aí ocorre algo, pero nunca saberá o qué. A súa maldición é vagar eternamente na búsqueda de ese algo, enfeitizado na súa deriva, sen darse conta de que ó mesmo tempo a súa vida vai murchando, perdida nunha extinción irremisible. Pero ó que ensoña, iso tanto lle ten. O que ocorre perante del é demasiado importante.

Non sei se eu cheguei a ensoñar nalgún intre, pero se así foi, aquilo teimou en desaparecer co paso do tempo. E agora, que non son máis que outro pequeno engranaxe da gran máquina, absolutamente incapaz de ver máis alá da miña propia realidade cotiá, só percibo moi sutilmente, de cando en vez, atisbos do que podería ser isa hiper-existencia perdida, sempre gracias a outros que soñaron máis ca min, e tiveron a delicadeza de agasallar á humanidade cos seus documentos e estudios sempre inconclusos.

Nesta onda atópome con varios documentais que me fan atarecer visionado tras visionado. Non querería entrar agora a valorar unha obra da dimensión de Baraka (na miña opinión, o filme para soñadores por excelencia), nin por suposto ninguna das obras do gran Ron Fricke, porque non me chegaría o tempo para espallar toda a fascinación que tales traballos en min provocan, pero si me gustaría reseñar outros interesantes documentais recentes que a outros "abortos de soñador" coma min poden servir como catalizadores, ensinándolles un pouquiño máis sobre si mesmos, non de ese ser que cada día ven perante o espello, se non de eses outros ós que algún maldito día deixaron agonizando lentamente.

THE STORY OF ANVIL (Sacha Gervasi, 2008)

Probablemente o máis coñecido dos aquí reseñados, narra nun ton que roza ó mesmo tempo comicidade e patetismo, entre un rancio aroma a nostalxia, a historia dun vello grupo de metal que caeu co paso dos anos do esquecemento. Eu tamén lembraba a Anvil, un grupo canadiense que formaba quinta con Slayer, Megadeth, Metallica ou Anthrax, e que, ninguén sabe por qué, non logrou perdurar coma os outros na escea. Daqueles primeiros músicos de Anvil só quedaron o cantante Lips, e o batería Rob, que subsisten en traballos mediocres sen abandoar nunca o seu soño: converterse en músicos recoñecidos. A súa viaxe para conseguilo é realmente tenra e abraiante.



THE LAST TRAPPER (Nicolas Vanier, 2004)

Máis enfocado como película de ficción que coma documental, neste filme se fala dun dos derradeiros trampeiros que quedan en Canadá, e a súa vida nos límites da natureza. Sen casa fixa (hai que facela de cero en cada emplazamento), cunha canoa india, un trineo e unha recua de cans como únicas axudas, unha parella sobrevive a base da caza salvaxe de martas, castores e perdices, sempre asediados pola tala de árbores que ameaza o seu modo de vida, o máis duro dos climas e a máis absoluta soidade. Rodar algo como aquí se observa é extremadamente difícil (tanto máis se realizas a varias cámaras, con travelling, grúas e steadycam, imaxes submarinas e planos incribles de animais salvaxes), por iso probablemente todo ou case todo está falseado, e sen embargo, non sei por qué, nesta preciosísima obra se contén a esencia pura do soñador ancestral, ese que debemos preservar coma sexa, e que carece de platenxamentos inútiles, máis alá daqueles capaces de reportarlle verdadeira felicidade, sen importar as penurias que ofreza o camiño.



ENCOUNTERS AT THE END OF THE WORLD (Werner Herzog, 2007)

Certamente quedei impactado por Grizzly Man, pero este documental de Herzog gaña con diferencia. O tema é moito máis trivial, e ó mesmo tempo case inaccesible na súa espiritualidade. Herzog viaxa ó Polo Sur, co afán de ver qué pode un atoparse no asentamento americano que alí traballa. Entre científicos de todo tipo, e sucesos naturais inabarcables, é capaz de vislumbrar ó gran soñador que habita en cada un dos inquilinos dese espazo. Filósofos que conducen escavadoras, buscadores de neutrinos que parecen seguir algún tipo de rito fantasmal, buceadores que afunden sen medo nos abismos, vulcanólogos que arriscan as súas vidas para poder comprender como é que esas vidas comezaron... Todos eles viven nunha cidade que parece un asentamento lunar, casi absurdo, e no que os seres humanos, namentres se emplean noutras tarefas, se buscan a si mesmos.


 




Comentarios

"He aquí lo que te basta:

el juicio que diriges en este momento hacia la realidad, mientras sea objetivo.

la acción que estás llevando a cabo en este momento, mientras se realice para el servicio de la comunidad humana.

la disposición interior en la que te encuentres en este mismo momento, mientras sea una disposición de gozo ante la conjunción de los acontecimientos que produce la causalidad exterior.

("delimitar el presente")"

Díxoo Marco Aurelio fai cerca de 2.000 anos.

enviado por Xose o 18 agosto 2010 ás 10:30 PM CEST #

Brindo por eso!!!

enviado por Ben Díaz o 18 agosto 2010 ás 11:43 PM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #

Si no lo viste échale un ojo a "Grey Gardens" de los hermanos Maysles. El docu de los 70, no te confundas con una peli que han hecho basada en el propio docu hace poco (que también está bien). Es acojonante! Yo a ver si le hincó el diente esta semana al del trampero

enviado por Javi o 31 agosto 2010 ás 01:23 AM CEST
Sitio web:: http://www.javicamino.com #

Oído cocina! Lo veré mañana mismo.

enviado por Ben Díaz o 31 agosto 2010 ás 02:26 AM CEST
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado